xoves, 20 de novembro de 2014

AMES NOVO TRABALLANDO PARA ORGANIZAR O PUNTO DE ENCONTRO DA COLUMNA SUR O 29N NO MILLADOIRO

Desde Ames Novo estamos a organizar a concentración da columna Sur para o día 29. O lugar de concentración e saída será a Praza da Madalena (no alto do Milladoiro).
É unha parada de autobús escolar, polo que poden estacionar dous ou tres buses ao mesmo tempo para descargar.
A idea é ter concentrada a xente da zona dende as 10:00 para ir recibindo os autobuses. Ás 10:30 poriámonos en marcha cara ao Obradoiro. O percorrido total é de 5,5 quilómetros, polo que unha hora e media é tempo dabondo.
O percorrido sería pola N550, entrando a Santiago por Rosalía Castro, ata Porta Faxeira e dalí ao Obradoiro.

Nesta ligazón se pode localilzar o lugar de concentración e o percorrido marcados nun mapa de Google.
https://www.google.es/maps/dir/42.843276,-8.5808721/Praza+do+Obradoiro,+Santiago+de+Compostela,+A+Coru%C3%B1a/@42.8742113,-8.5499207,765m/data=!3m1!1e3!4m9!4m8!1m0!1m5!1m1!1s0xd2efe43e8b01481:0xff1d0db45d9c0402!2m2!1d-8.5454996!2d42.8802128!3e2

Ningún comentario:

Publicar un comentario