sábado, 29 de novembro de 2014

Miles de persoas marcharon sobre Compostela este 29N confluindo no Obradoiro, nun acto multitudinario cheo de Dignidade e un compromiso de Unidade e Loita


"Seguiremos a loitar e a medrar e aquí, ninguén sobra". Quen fala é Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña cuxo nome saíu do anonimato ao negarse a desaloxar a anciá Aurelia Rey e a quen este sábado, convertido nun símbolo da loita contra os desafiuzamentos lle tocou, nas súas propias verbas, o "marronazo" de poñerlle voz ao manifesto das Marchas da Dignidade que  confluíron na compostelá Praza do Obradoiro. "A unidade dános forza", "cada enfrontamento entre nós, as organizacións sociais e políticas da esquerda, é unha vitoria para o réxime", proclamou Rivas ante unha praza que tornou nunha caste de mar de bandeiras de tantas cores como loitas confluíron, de novo, baixo o lema "pan, traballo e teito".

Na estela das mobilizacións iniciadas a pasada primavera as cinco columnas que camiñaron cara á capital transitaron polas rúas de Compostela xunto a persoas diversas que, a título individual ou colectivo, decidiron secundar a convocatoria contra a que, din, é unha "gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios". Bandeiras galegas con e sen estrela e enseñas da II República Española mesturáronse cos símbolos de organizacións políticas como Anova, Esquerda Unida ou Podemos e sindicatos como a CUT, CGT, o STEG ou a CNT. Ao seu carón, a Marcha Mundial das Mulleres, o movemento veciñal ferrolán que se opón á permanencia de Reganosa na ría, persoal da CRTVG e de Correos na loita polos seus dereitos, traballadores/as de Lantero que levan 48 días en folga, traballadores afectados polo amianto, colectivos de defensa das persoas con discapacidade, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca ou Stop Desafiuzamentos, entre outros grupos.

Todos xuntos encheron boa parte da céntrica praza compostelá -o Concello colocou valados para impedir que os manifestantes se achegasen ao Pazo de Raxoi-, á que acudiron nun ambiente a medio camiño entre a reivindicación e a festa, ingrediente que se ocuparon de poñer artistas como o grupo Habelas hainas ou os xa míticos Mini e Mero, así como o dramaturgo e actor Cándido Pazó, que actuou como mestre de cerimonias para lembrar algunhas das causas polas que, di, paga a pena entregar tempo e traballo. As verbas de Pazó suscitaron os primeiros aplausos que medraron aínda máis ao chegaren á praza os bombeiros da Coruña. "Os bombeiros si son compañeiros", aclamaron.
O bombeiro Roberto Rivas púxolle voz ao manifesto e diversas persoas achegáronse a el para darlle as "grazas"
Despois de que varios grupos de persoas se achegasen a el para, simplemente, darlle as "grazas", Rivas accedeu ao escenario para poñerlle voz ao manifesto contra "este sistema ruín e perverso" contra o que, di cómpre "loitar para cambialo". "O inimigo non é pequeno" e "ten o coñecemento científico, a educación e a xustiza" pero "nós temos a nosa dignidade e unidade para derrotalo". "Mentres non o derrotemos seguiremos a padecer os seus crimes", tales como "nenos e nenas que pasan fame" ou "bancos que botan á xente á rúa". "Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e non debemos nin o imos permitir, temos a obriga de rebelarnos", tamén contra os que "non lles importa levar por diante paraxes naturais únicos, facer minas descomuniais e perigosas ou autoestradas que destrúan paraxes tan importantes como a Ribeira Sacra".
"Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e temos a obriga de rebelarnos"
Nesta "loita", explicou Rivas, os "antagonismos" son un "freo". Por iso, alén do manifesto, o bombeiro coruñés achegou o relato de Eduardo Galeano sobre a Tecnología del vuelo compartido que, ao seu xuízo, ben podería marcar o vieiro polo que o traballo da esquerda social debería transitar. Nese texto o escritor uruguaio explica o xeito en que os parrulos voan en forma de letra uve: "o primeiro parrulo que levanta o voo ábrelle o paso ao segundo, que lle despexa o camiño ao terceiro" e "cando cansa, o parrulo que fai punta baixa á cola e déixalle o seu lugar a outro". "Todos se van turnando" e "ningún se cre superparrulo por voar adiante, nin subparrulo por marchar atrás".
As Marchas preparan novas mobilizacións para o vindeiro mes de marzo
A música ao vivo de Ataque Escampe serviu para poñerlle o ramo -e para facer bailar a moitos e moitas das presentes- a unha mobilización que terá o seu seguinte capítulo o vindeiro mes de marzo. "A próxima cita é o 22 de marzo de 2015", confirma un dos voceiros das Marchas en Galicia, Manuel Camaño, da CUT. Esa xornada "vai ser a seguinte referencia de mobilización" nun formato aínda por determinar pero coa intención de "sumar", que "é a única maneira de acabar coas medidas destes desvergoñados". "Estamos chegando a unha istuación sen precedentes á que lle hai que poñer couto" e "ese couto tenllo que poñer a clase traballadora e os sectores populares de Galicia e do Estado" mediante a "acumulación" das súas "forzas", reclama.

Reportaxe de David Lombao | @davidlombao en Praza Pública. | 29.11.2014

Todos os contidos textuais de Praza Pública están liberados coa licenza Creative Commons by-sa. Así pois, es libre de coller todos os textos da web, reproducilos parcial ou integramente, e distribuílos como queiras sempre que cites a súa autoría e empregues tamén a mesma licenza.

Sitio-e Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Sitio-e Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

venres, 28 de novembro de 2014

INFORMACION DE UTILIDADE PARA USUARIOS E USUARIAS DOS AUTOBUSES QUE VAMOS A OCUPAR O OBRADOIRO.

Presentamos aquí o díptico informativo para os autobuses da columna sur que viaxan dende VIGO E COMARCA
Descarga aquí documento en pdf.



NA VISPERA DO 29N ENTREVISTAS NA RADIO EN GALIZA E VISION DA MOBILIZACION A NIVEL ESTATAL DAS MARCHAS PRESENTADA NO XORNAL DIXITAL “ CUARTO PODER “

Foto dos compañeiros das Marchas de Madrid onte no Aeroporto da T4 esixindo PAN TRABALLO E TEITO e informando a quen chega que:
CHEGA AO PAIS DA CORRUPCION, DA PRECARIDADE, DO DESEMPREGO. CHEGA A ESPAÑA, O PAIS PAUPÉRRIMO…
O xornal fai un repaso das mobilizacions previstas para mañan en todo o estado adicando un párrafo a mobilizacion galega.



Entrevista a Manolo Caamaño co gallo da Marcha da Dignidade do 29N que se emitiu hoxe no magazine "Arredor de Nós" que Radiofusión distribúe ás emisoras municipais asociadas nas catro provincias.


 
Entrevista hoxe en  RADIO BOIRO  a Verónica Núñez e  Fran  Seco 
das Marchas da Dignidade do Barbanza.


AUTOFINANCIARSE NON ATA. COLECTA SOLIDADARIA, COLECTA DA DIGNIDADE

SOBOR DO CUSTE E FINANCIACIÓN DO ACTO FINAL NO OBRADOIRO O 29-N 
Sin gastar un pataco resultou o cartaz que pecha o “OCUPEMOS O OBRADOIRO” grazas ao xesto altruista, solidario e xeneroso de Cándido Pazó, Habelas Hainas, Mini e Mero, Roberto Rivas, e 
Ataque Escampe.

Foi tamén un xesto xeneroso, altruista e anónimo o que nos permitiu contratar luz , son e esceario para darlle o nivel que merece a este acto que pecha a movilización co sudor e o esforzó deixado no camiño por tantas e tantos camiñantes que imos atoparnos 0 29N na Praza do Obradoiro.

Mais de tres mil euros que agradecidos queremos devolver e por iso plantexamos facer UNHA COLECTA SOLIDARIA, UNHA COLECTA DA DIGNIDADE no mesmo Obradoiro o día 29. Porque AUTOFINANCIARSE NON ATA.

De forma VOLUNTARIA, co que se poda, si no se pode non pasa nada, temos que ser quén de autofinanciarnos. O 29 na Praza do Obradoiro haberá varias persoas, identificadas ao efecto, que con uns “petos” recolleran as aportacions que de forma voluntaria cada quén poida facer para contribuir  a continuidade das MARCHAS DA DIGNIDADE.

Temos que seguir porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.

A Columna norte XA ESTAMOS EN SIGÜEIRO!!!

Estamos preparadas para camiñar maña os 16km que nos separan do mercado do gando en Compostela para xuntarnos con toda a xente dos buses e conformar a gran columna norte para entrar no Obradoiro berrando colectivamente pan traballo e teito!! fora gobernos corruptos!! que se vaian xa!!
Como sabedes, dende A Coruña, mañá o bus sairá ás 9:00 da Praza de Ourense.
Ás 6 da mañá, sairá o grupo de ciclistas, e estaría ben que estivera alí alguén para facer fotos e darlles apoio. É madrugón, pero se alguén pode, mellor.
O punto de encontro dos buses da Columna Norte (Ferrol - Coruña) será o Mercado do Gando de Salgueiriños. De alí, ás 11:00, sairemos a pé ata o Obradoiro.

xoves, 27 de novembro de 2014

A COLUMNA SUR DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FICA XA EN PADRON.

Hoxe incorporaronse e engrosaron a columna sur, en Caldas, os compañeiros e compañeiras de Lantero de Vilagarcía  que nunha piña aguantan un conflicto no que levan xa 45 días en folga loitando contra un ERE que, si termina aplicándose, mermará a plantilla nun 50%,. Animo. Imoooosssssss!!!  
Sairon do campamento de Lantero (Pousadoiro) cas súas camisetas azuis e berrando o seu lema “Ou todos ou ningún” , lema ao que nos sumamos tamén nas Marchas da Dignidade nesta semana que levamos de loita  e que desenvocará o día 29 ateigando a Praza do Obradoiro para seguir reclamando PÀN TRABALLO E TEITO para todas e todos.

Tamén oubo tempo no camiño de lembrar a loita de Stop Desaucios hoxe en Elviña e a nova mostra de dignidade e solidaridade amosada, unha vez máis, polos compañeiros do corpo de Bombeiros de A Coruña.  Este sábado estarán connosco no Obradoiro  (pode verse no video que reproducimos)
Dende o Salnés tamén sairán autobuses cara o Obradoiro o sábado, dende Vilagarcía ás 9:30 dende a TIR. E dende a Illa de Arousa vaise incorporar un nutrido grupo de xente entre os que se atopan os compañeiros da arte do Xeito de Arousa. 
UNIR AS LOITAS É O UNICO CAMIÑO.
TODAS E TODOS. O 29-N  
OCUPAMOS O OBRADOIRO


DENDE O NORTE E DENDE O SUR..........AS ANDAINAS CONTINÚAN CARA O OBRADOIRO. PARA RECLAMAR PAN, TRABALLO E TEITO.

COLUMNA NORTE:  ETAPA PONTEDEUME -BETANZOS

COLUMNA SUR  ETAPA PONTEVEDRA - CALDAS


A RAMA  CORUÑESA DA COLUMNA NORTE SAE HOXE DENDE O BURGO PARA FUNDIRSE NA ETAPA DE MAÑAN CA COLUMNA CARRANCEIRA QUE XA FIXO  A SÚA SEGUNDA ETAPA HOXE ENTRE PONTEDEUME E BETANZOS.  DURA ETAPA, .
A COLUMNA SUR UNIFICADA SAIU DE PONTEVEDRA PARA REMATAR EN CALDAS NA QUE FOI A ETAPA MAIS LONGA DE TODO O PERCORRIDO PROGRAMADO,. E DONDE ACADOU UN GRANDE RECIBIMENTO.

Liga aquí a máis fotos.:
Pontedeume-Betanzos

Pontevedra -Caldas


mércores, 26 de novembro de 2014

O 29-N AS 12 NO OBRADOIRO, REIVINDICACION E FESTA… CARTAZ DO ACTO QUE PECHA A SEMANA REIVINDICATIVA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NA GALIZA.

A PARTIR DAS 12 mañan nesa mítica PRAZA DO OBRADOIRO ATEIGADA DE CAMIÑANTES DE TODO O PAÍS. TODAS E TODOS XUNTOS IMOS ESIXIR UNHA VEZ MÁIS QUE SE VAIAN XA!!!,

No programa está a BENVIDA AS E OS CAMIÑANTES, a LECTURA DO MANIFESTO,  algunha REFERENCIA AS DISTINTAS LOITAS SECTORIAIS E TERRITORIAIS,,,..E DESPOIS FESTA RACHADA

VAI O CARTAZ QUE A APUNTALA.
ALÍ NOS VEMOS.


INFORMACIÓN SOBRE A COLUMNA OESTE _COLUMNA DO BARBANZA.: PERCORRIDOS, HORARIOS E CONTACTOS PARA RESERVAR PLAZA NOS AUTOBUSES. O 29N OCUPAMOS O OBRADOIRO

HORARIOS E CONTACTOS PARA AS PLAZAS DE AUTOBÚS ATE O PUNTO DE ENCONTRO NO APARCAMENTO DA NAVE DE VIDÁN: 
DENDE O BARBANZA, RESERVA XA!!! 
cutribeira@gmail.com

Percorrido Columna Oeste para entrar en Compostela. ligazón google maps.:
https://www.google.es/maps/dir/42.8693186,-8.5740185/42.8803136,-8.5455206/@42.8733821,-8.5426206,3144m/data=!3m1!1e3!4m19!4m18!1m15!3m4!1m2!1d-8.5557491!2d42.872866!3s0xd2efe13663a723f:0x5c6fe7cc0548ef1e!3m4!1m2!1d-8.5558661!2d42.8727467!3s0xd2efe136170b0fb:0x4f0dd96cc5ef7417!3m4!1m2!1d-8.5545785!2d42.872349!3s0xd2efe1492876361:0xb0b3a5a6775c37bb!1m0!3e2

HOXE ROLDA DE PRENSA EN RIBEIRA.
Hoxe a columna do Barbanza das Marchas da Dignidade nunha rolda de prensa celebrada no Ateneo Valle-Inclán, Ribeira (Bar Plaza) as 11:30h., demos conta dos preparativos e intencións na nosa bisbarra para o 29N, no que columnas chegadas de todos os puntos do país, unhas a pé, outras motorizadas, confluiremos ocupando a Praza do Obradoiro, en Compostela. Nós trasladaremonos en autobús ate o aparcamento da nave de Vidan e dende alí continuaremos a pé ate a Praza do Obradoiro tal e como se indica nos planos adxuntos.nesta publicación.

Os que non  podan ir a pe continuarán no autobús ate a Darsena de Juan XXIII preto do Obradoiro dende donde, tamén voltaremos cara as 13:30h.



O SORTEO EN LUGO DA RIFA QUE AXUDA A FINANCIAR A VIAXE PARA OCUPAR O OBRADOIRO



Ánimo que inda pode tocar...comprade as rifas 
que a cesta ten moi boa pinta.. 
Con SOLO 1 euro, axudas moito.!!!

ONTE GRANDE REPORTAXE EN PRAZA PÚBLICA SOBRE AS ANDAINAS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

NA DERRADEIRA SEMANA 5000 VISITAS AO BLOGUE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. Hoxe superamos as 55.000 visitas. O 19 DE NOVEMBRO REXISTRAMOS AS 50.000.


PERCORRIDOS TRAZADOS NUN MAPA GOOGLE DAS CINCO COLUMNAS QUE ENTRARAN EN COMPOSTELA O 29N

Columna sur  INFORMACION XA COLGADA NO BLOGUE: 20/11/2014. Liga aquí:




O pequeno desvío que fai a columna Oeste ao chegar ao Cmiño Novo évos cousa do Googlemaps que entende que non se pode ir a pé por onda o túnel :-(

Taballado por…..Quique Costas

VIDEO CA ENTRADA EN PONTEVEDRA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. UNIFICASE A COLUMNA SUR.

Fusión das andainas do Morrazo e das de Redondela para facer camiño xuntas ate chegar a Praza da Ferreria.
Mañan xa parte unha soa columna cara o Obradoiro.
Saímos as 12:00  etapa Pontevedra-Caldas.

A COLUMNA SUR SIGUE FACENDO CAMIÑO.

COMENZA A CAMIÑAR A COLUMNA NORTE... AS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA CUBREN A PRIMEIRA ETAPA DAS ANDAINAS CARA O OBRADOIRO…,FERROL-PONTEDEUME, CON ÉXITO.


Como estaba acordado, saíron o martes 25 de Novembro ás 12:00 do mediodía desde a Praza 10 de Marzal onde está a estatua de Daniel e Amador en lembranza dos sucesos do 72. Durante un pequeno tramo, compañeiros e comapanheiras acompañaron á Marcha a Pé como despedida.
Este 25N (Martes) cubriron a 1ªETAPA Ferrol – Pontedeume.

Neste Link están marcadas as etapas seguintes:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2014/11/marcha-pe-de-ferrol-compostela-este.html
O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N reservando praza no autobús para o 29 de novembro:

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou chamando ao telefono:   603 213 863

O 29N, Ferrolterra Vai!
INFORMACION EXTRAIDA DE ÁRTABRA 21

Toda a información das Marchas da Dignidade en Ferrolterra podes atopala no blogue local


martes, 25 de novembro de 2014

Aínda hai prazas no autobus do Barco de Valdeorras


AS MARCHAS DA DIGNIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As Marchas da Dignidade apoian e apoiarán sempre a loita feminista contra a lacra da violencia de xénero, froito amargo do patriarcado que, no día a día, nos oprime ás mulleres e pretende negarnos a capacidade para construír a nosa propia identidade e desenvolver a nosa liberdade.

Este 25 de novembro, como cada ano, lembramos a loita das irmás Mirabal contra a ditadura de Trujillo en República Dominicana, e con elas aos milleiros de mulleres que sofren a violencia máis irracional que golpea ás oprimidas, a violencia derivada do xénero. Igual que as irmás Mirabal loitaban contra unha ditadura feminicida, hoxe continuamos a facer fronte á estrutura da división sexual e a opresión das mulleres.

En Galiza, son sete mulleres as que morreron por causa da violencia machista durante o que vai de ano, mais tampouco debemos esquecer aquelas que día a día son obxecto desta vergoña social. Durante estes tempos, a violencia de xénero entre a mocidade ten aumentado considerablemente, e isto reflicte que o combate contra a mesma segue a ser prioritario na axenda da loita feminista. Ningún sistema de opresión cae polo seu propio peso, senón que é labor do movemento organizado, das mulleres concienciadas e dos homes que renuncian aos privilexios tinguidos en sangue que o patriarcado produce, as que temos a tarefa inescusable de dar morte á violencia de xénero.


As mulleres tamén loitamos polo PAN, polo TRABALLO e polo TEITO, e nesa loita, é tarefa inescusable acadar a liberdade que nos é negada por este sistema machista. Para simbolizar esa loita, durante a xornada do 29-N e os traballos preparativos, estamos a acompañar o logo das Marchas cun lazo violeta.

luns, 24 de novembro de 2014

CONTINÚA O AVANCE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE CARA COMPOSTELA. AS DÚAS RAMAS QUE ESTAN CAMIÑANDO POLO SUR VAN AUMENTANDO EN EFECTIVOS A MEDIDA QUE AVANZAN CAMIÑO. HOXE OS TRAXECTOS FORON CANGAS-BUEU E REDONDELA-ARCADE, E MAÑAN FUNDIRASE NUNHA SOA COLUMNA EN PONTEVEDRA PARA CONTINUAR CARA CALDAS.

Mañán, martes, as dúas ramas da columna SUR das Marchas da Dignidade que siguen camiñando cara o Obradoiro, fundiranse nunha soa columna en PONTEVEDRA.

A Plataforma de Pontevedra recibirá, as ramas que veñen do Morrazo e de Redondela, as 17:00 horas na Avda. de Vigo, (xunto ao Lidl) e conformando xa unha sóa columna dirixiremonos cara o centro para realizar unha Asemblea Aberta no salón de Actos do Edificio dos Sindicatos.


Segue aberto o prazo para anotarse nos autobuses que dende Pontevedra sairán o sábado día 29 as 09:15 da Estación de Autobuses para encontrarse de novo cos camiñantes no Milladoiro, e entrar xuntas e xuntos en Compostela. 
A viaxe de ida e volta custa 6 euros.
Mañán, alí, poderás apuntarte e, tamén, chamando ao teléfono 628.685.445



NOVO MAPA SITUACION DO PUNTO DE ENCONTO E PERCORRIDO DAS CINCO COLUMNAS DE ENTRADA A COMPOSTELA O 29 DE NOVEMBRO (a columna OESTE resultou modificada), E RESPONSABLES DAS MESMAS

Por cuestións loxisticas e de coordinación co resto de columnas a columna oeste que tiña previsto o punto de encontró para iniciar a andaina no Centro Superior de Hostelería de Galiza, aproximase ao casco urbano e sitúase no APARCAMENTO NAVE DE VIDÁN .





COLUMNA SUR- PUNTO DE ENCONTRO MILLADOIRO. AUTOBUSES PARA O 29N INFORMACION SOBOR DE HORARIOS, LUGARES DE SAIDA E CONTACTOS PARA RESERVAR.


ANDAINAS CARA COMPOSTELA. DA COLUMNA NORTE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. FERROL-CORUÑA O 29N OCUPAMOS O OBRADOIRO

LIGA AQUÍ A TODA A INFORMACIÓN DETALLADA.

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.ro/2014/11/marcha-pe-de-ferrol-compostela-este.html


Aquí tedes toda a información da ruta a pé plantexada por etapas:


Podes facer o percorrido completo ou elexir a etapa de saída. Dende toda Galicia saen marchas camiñando, imos deixar que A Coruña sexa a excepción?. O mércores é a saída da primeira etapa. 

Apuntádevos aquí:

As bicis sairán o sábado dende O Obelisco ás 6 da mañá. E terán a volta asegurada no bus. 

O bus sae da Praza de Ourense o sábado ás 9:00, parará no Mercado do Gando en Salgueiriños para sair dende alí ás 11:00 camiñando cara ao Obradoiro.

Apuntádevos:


Data límite para o bus, mércores, data límite para ir en bici, venres, dara límite para ir camiñando, Martes 20:00.

CADENA SER, NO PROGRAMA "A vivir Galicia" ENTREVISTA A UN DOS VOCEIROS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE




FOTOS E VIDEOS DO ARRANQUE ESTE FIN DE SEMANA DA COLUMNA SUR CARA COMPOSTELA. O LUNS CONTINÚAN AS ETAPAS REDONDELA-ARCADE E CANGAS-BUEU CAMIÑO DE ATOPARSE EN PONTEVEDRA. O 29N OCUPAMOS O OBRADOIRO

ETAPA MOAÑA-CANGAS, 
ETAPA DENDE O VALMIÑOR PASANDO POR VIGO, PARA XUNTARSE CAS COLUMNAS DO CONDADO E A DO BAIXO MIÑO NUNHA GRAN CASTAÑADA QUE PREPARARON EN REDONDELA PARA RECIBILAS O DOMINGO.  
IMOSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS. 
CHOVA, TRONE OU NEVE  
OCUPAMOS O OBRADOIRO 
O 29-N
VIDEOS:
Batukada despedindo as Marchas en Ponteareas.
A Columna do Valmiñor cara Vigo

VIDEO YOUTUBE ENTRADA EN VIGO COLUMNA VALMIÑOR

VIDEO YOUTUBE  RECIBIMENTO A COLUMNA DO VALMIÑOR  NA PORTA DO SOL EN VIGO

PEQUENA RECOPILACIÓN DE FOTOS: