martes, 14 de outubro de 2014

RESUMO DOS ACORDOS DE CARA AO 29N TOMADOS ONTE POLA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NA XUNTANZA DA GENTALHA DO PICHEL EN COMPOSTELA.


Celébrase a xuntanza na Gentalha do Pichel en Compostela de 17 a 19 horas do luns día 13 de outubro. 
Asisten:  CGT, Fronte Cívica, CNT, SLG, CUT, Coordinador Bombeiros Galiza., EU, SF-CI, PCG, Espazo Ecosocialistas, CEL, XX.CC, Xeira, Plataformas de: Ponteareas, Lugo, Ferrol e A Estrada.

ACORDOS
 1.- Mobilización Príncipe de Asturias para o 24 de outubro. Acórdase fixar o venres, día 17 para que desde as distintas comarcas e colectivos, pásense os nomes das persoas que irán a Oviedo o 24 de outubro. Centralizarase a través do compa Santiago Lamelo ó correo: (frentecivicocoruna@gmail.com).
 2.- Información financieira. O compañeiro Angel Valladares da CGT pasa informe da caixa nacional, a un saldo o redor dos 1000 €. Faise un chamado ós colectivos que non o fixeran (máis da metade), para que regularicen as súas aportacións, dada a inminencia de ter que asumir os gastos da campaña do 29N. EN BREVE REMITIRASE CIRCULAR A TODAS AS ORGANIZACIÓNS SOBRE ESTA CUESTIÓN, QUE SE CONSIDERA DE VITAL IMPORTANCIA.
 3.- Ocupemos o Obradoiro para o vindeiro 29 de novembro.
 ·     CARTACES: apróbase sacar 4000 (50X70) contendo o chamado ás manifestacións do día 6 nas sete cidades galegas.
·      PEGATINAS: Acórdase facer unha tirada 5000
·     PANCARTAS: Colocaríanse en todo País o día 20/10. Desde a Plataforma do Morrazo faise o ofrecemento de confección de pancartas 250X60 ó prezo de 6 €. O encargo faríase ó correo cut.cangas@gmail.com.
· CAMISETAS: Cada comarca ten que comunicar pedido ó mesmo correo (cut.cangas@gmail.com) indicando número por tallaxe. O custe será 3,10 € e o prezo de venda 5€, quedando para a comarca a diferencia.
·   ROLDA DE PRENSA: No Obradoiro en Compostela, o mércores día 22 de outubro, ás 11,30 da mañá. Terían que asistir representantes de todos os colectivos e plataformas que integran a Columna Galega. O mércores día 29, faríanse tamén roldas de prensa nas sete cidades.
·  MANIFESTACIÓNS 6 NOV. Hai que pasar urxentemente os percorridos para centralizar as comunicacións ás Subdelegacións do Goberno, xa o fixeron A Coruña, Lugo, Vigo.
PRIORIDADE COMPOSTELA. A proposta de Espaz Eco. Acordase que os colectivos de Compostela se xunten para armonizar o traballo, xa que nesta cidade recae a tarefa máis importante da campaña do 29N.
REDES SOCIAIS. Santiago Lamelo transmite que se vai pasar unha planificación sobre este aspecto ben importante para a campaña 29N, eu VOU.

Ningún comentario:

Publicar un comentario