domingo, 26 de outubro de 2014

RESUMO DA PRESENZA DA REPRESENTACIÓN GALEGA EN OVIEDO CO GALLO DA ENTREGA DOS PREMIOS PRINCIPE DE ASTURIAS PARTICIPANDO NA CAMPAÑA “SOMOS REALES” DENTRO DAS MOBILIZACIONS QUE, A NIVEL ESTATAL, ACORDAMOS APOIAR DENDE AS MARCHAS DA DIGNIDADE PARA ESTE OUTONO.

Reprodución de parte de un correo electrónico de Santiago Lamelo do FC-SM de A Coruña.   Coido que o tema queda explicado dabondo.

“O primeiro, comentar que as Marchas seguen a ter forza, a pesar das persoas agoreiras que din o contrario.
Onte en Asturias poidemos sentir a calor das marchas, da xente, do pobo e da súa dignidade.
En Asturias traballaron moitísimo, tiñan un recibimento con bocadillos para cada persoa, ademáis de auga. De balde, solidario.
Alí tamén prepararan conferencias, mesas redondas, concertos, asembleas e moitos máis actos, ademáis das protestas.
Ese  é  o camiño, ese  é o xeito de que as mobilizacións funcionen. Se cremos nas nosas posibilidades, a cousa funciona. E xa tivemos exemplos dabondo.

Acudiron persoas de todos os puntos do estado, e tamén nós, a Columna Galega.  

Xa sabedes o da retención do autobús, tratándonos coma delincuentes so para
retrasar a nosa saída.
Foi un acto propio de dictaduras, porque se fora un bus para acudir a unha manifestación do Foro da Familia ou calquera outra manifa facha, non farían nada, seguro que ata nos escoltarían.

Pero o poder reacciona cos seus medios contra os que o fan peligrar, contra os que disinten, e o de onte foi un claro exemplo, pero nin moito menos o máis grave.
Ademáis, valaron a zona onde estaba autorizada, por un xuíz, a manifestación, e logo utilizaron moreas de gaitas para tratar de tapar os abucheos e asubíos.
Non o conseguiron.
Queren amedrentar, queren calarnos, e nas nosas máns está en facer que o consigan ou non.“



Ningún comentario:

Publicar un comentario