martes, 14 de outubro de 2014

PANCARTAS PARA A CAMPAÑA DO 29N, POR ENCARGO, PARA AQUELAS COMARCAS, ORGANIZACIÓNS OU PLATAFORMAS QUE NON DISPOÑAN DE MEDIOS PARA FACELAS.


Desde a Plataforma do Morrazo ofrécese axuda a todas aquelas comarcas, organizacións ou plataformas que non poidan elaborar as súas propias pancartas para a campaña do 29N.

As faixas son de 250 X 60 centímetros, confeccionadas en plástico e rematadas en paus nos extremos, que a súa vez se anclan con bridas. Vai haber pancartas con dous deseños, o primeiro alusivo o “OCUPEMOS O OBRADOIRO, 29N Eu VOU” e unha segunda versión para colocar seis días antes das manifestacións do 6 de novembro nas sete cidades, co texto; “MANIFESTACIÓN ás 20 Hs. desde. , adaptado a cada cidade ou comarca.

O prezo por faixa é de 6, equivalente o custe dos materiais empregados, e lóxicamente o traballo é unha aportación do xoven e activo equipo de propaganda das Marchas da Dignidade da comarca do Morrazo.

Os encargos de faixas tedes que facelos ó enderezo do correo cut.cangas@gmail.com, e a entrega faríase en tres días, a calquera zona do País, tendo que facerse o pago do encargo ós cinco días de feita a entrega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario