venres, 31 de outubro de 2014

O VENRES, 7 DE NOVEMBRO, FOLIADA NA ESTRADA. - OS GAITEIROS APOIAN AS MARCHAS DA DIGNIDADE -

Marcha Gaiteira pola Dignidade
A coordinadora da Estrada das Marchas da Dignidade organiza unha Foliada para a noite do venres día 7 de Novembro, baixo o lema “Pan, Traballo e Teito”.
 
Animamos aos gaiteiros da zona a que particen, ben cos seus grupos ou ben a título individual, nesta foliada reivindicativa que ten como obxetivo animar á cidadanía a participar da Marcha a Compostela, que terá lugar o 29 de novembro, e que rematará cunha concentración na Praza do Obradoiro.

O punto de encontro dos gaiterios que queiran participar da foliada será ás 21:00h no bar Enredo, na zona dos viños e, posteriormente, farase un percorrido polos bares da Estrada.

As Marchas da Dignidade poñen de manifesto a importancia de unificar as loitas e que tan só dende a unidade conseguiremos dar resposta á situación de Emerxencia Social na que nos atopamos.

Mobilizámonos!
**Polo emprego e salario digno.
**Polos dereitos sociais que garanticen a igualdade e liberdade reais.
**Por unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade
**Por un ensino público e de calidade
**Polo dereito a vivenda
**Por unhas pensións que nos permitan vivir con dignidade.
**Pola defensa da cultura, o idioma e o medio natural
**Contra os recortes nos servizos públicos.
**Contra a corrupción e os políticos corruptos.
**Por unha sociedade de mulleres e homes libres.

Unha mobilización contra un réxime e uns gobernos que nos agreden e non nos representan.  Unha mobilización camiño á conquista das nosas vidas. 


Para máis información podedes contactar con nós 

Ningún comentario:

Publicar un comentario