xoves, 16 de outubro de 2014

O 29N OURENSE VAI! _ OURENSE XA ESTÁ EN MARCHA, CAS MARCHAS DA DIGNIDADE

Onte, con unha importante presenza,  e participación, de persoas e colectivos, a pesar da choiva,  celebrouse, como estaba previsto, a Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ourense.
Entre todas e todos buscamos e acadamos unha resposta á pregunta que dende as MARCHAS DA DIGNIDADE DO OURENSE nos facíamos na introductoria:   Qué queremos facer?
Á mobilizacion popular, histórica, e exemplar sobre Madrid do 22M, démoslle continuidade, aquí na Galiza, participando na xornada do 21X na que fomos quén de rodear o Parlamento Galego de Dignidade coincidindo cas mobilizacions que simultáneamente se fixeron nos distintos pobos, rexions, comunidades, e nacións do estado, e agora, a clase traballadora, temos a obriga de seguir mobilizándonos ate acadar os nosos obxectivos, que non son outros que conquerir XUSTIZA SOCIAL; tal e como o plantexamos nas Marchas da Dignidade: PAN , TRABALLO E TEITO para todas e todos.
*      Ourense ten que seguir participando nesta nova etapa de mobilizacions e que o 29N Ourensanas e Ourensans temos que estar na OCUPACION DA PRAZA DO OBRADOIRO.
*      O 22 de outubro teremos unha primeira xuntanza de coordinación en Ourense para ver de organizar toda a loxiística, marchas a pé, autobuses, etc...
*      Nesa mesma xornada, participaremos na rolda de prensa que presentará, na praza do Obradoiro en Compostela,  a nivel nacional, a movilización do 29N
*      O 6 de novembro  convocaremos manifestación en Ourense,  ao igual que nas outras grandes cidades galegas, con saída da Praza Maior ás 20:00 horas. , e na semana do 24 ao 29 camiñaremos sobre Compostela .
O 29 de NOVEMBRO, OURENSANAS E OURENSANS ATEIGAREMOS A PRAZA DO OBRADOIRO EN COMPOSTELA.
O 29N OURENSE VAI!


Ningún comentario:

Publicar un comentario