xoves, 23 de outubro de 2014

MOBILIZACION “SOMOS REAIS” OVIEDO 24 OUTUBRO. Retransmisión en directo desde Radio Kras de Uvieu

O vindeiro venres 24 de outubro terá lugar en Uvieu a mobilización 'Somos Reais', co apoio das Marchas da Dignidade 22M e diversos colectivos sociais. | Esta mobilización prodúcese durante a entrada á Gala de entrega de premios Príncipe de Asturias e este ano contará co apoio dunhas 3.000 persoas vindas de fóra de Asturies. http://www.asturiesenmarcha.org

Desde Radio Kras imos realizar un programa especial de 17:00 a 19:00 da tarde, con conexións en directo.
Invitámosvos a difundir nos vosos medios o programa e a colaborar enviándonos audios con entrevistas a xente das vosas zonas que vaia a participar na mobilización.
Por suposto si alguén dos vosos medios vai estar na mobilización e quere colaborar que nos contacte. Contamos con colaboración de xente de Radio QK.
Calquera dúbida ou aclaración dicídesme.
Salú Falo Radio Kras: falomarcos@gmail.com

http://www.asturiesenmarcha.org/somos-reales-protesta-social-frente-a-la-obscena-exhibicion-de-poder-riqueza-y-privilegios-de-los-premios-principe-de-asturias/  NÓS IMOS CARA ASTURIES. 

A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTAREMOS EN OVIEDO O DÍA 24 DE OUTUBRO NA MOVILIZACION CONVOCADA NA ENTREGA DOS PRINCIPES DE ASTURIES PORQUE A NOSA DIGNIDADE E REAL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario