martes, 21 de outubro de 2014

CONTINÚA IMPARABLE O DESPLEGUE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE POR TODO O PAÍS.

Galiza enteira manifesta con firmeza:.  “O 29N  Eu Vou.”
A máis das Asembles que xa estaban constituidas e funcionando, neste mes conformaronse novas Plataformas en Redondela, Lugo, Ponteareas, Ourense, O Barco, Monforte  e Baiona,  están a piques de constituirse en Nigrán, O Porriño e Gondomar e logo dun pequeno impulso tamén se vai a constituir en Sarria.
Dende Valdeorras acordaron comenzar xa e van fletar un autobús para garantir a súa presenza no Obradoiro o 29N. Teñen xa creada unha dirección  para apuntarse marchasdadignidade.valdeorras@gmail.com. O prezo por persoa andará entre 10 e 15 €.

Tamén en Monforte crearon unha conta de correo electrónico marchasdadignidade.lemos@gmail.com. e acordaron xuntarse en asemblea aberta todos os venres,  no edifcio sindical. En Ponteareas xa van pola terceira xuntanza, en Redondela reúnense todos os martes, e mañan, 22,  tamén acordaron facelo en Ourense para definir a ruta das marchas a pé de toda a provincia.
O 29N  tí vas, eu vou,
nós ímossssssssssssssssssssss. !!!

Ocupemos o Obradoiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario