mércores, 1 de outubro de 2014

ASEMBLEA DAS MARCHAS NA COMARCA DO MORRAZO.

A comarca do Morrazo continúa co traballo comezado o pasado venres 26 para camiñar ó 29-N. Este venres día 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Cangas, a asemblea da Marchas da Dignidade da nosa comarca para concretar o traballo. Falaremos dos roteiros das andainas previas ó 29 de novembro, do taller de faixas, da financiación da campaña, dos autobuses (xa temos o prezo, 6 €) a Compostela.
A esta asemblea están convidados todos os colectivos e movementos sociais do Morrazo.
Ó rematar a asemblea teremos un acto onde intervirán dous compañeiros de Solidaridad Obrera, para falar da REPRESIÓN OBREIRA E POPULAR.
 O 29 de Novembro, a xente do Morrazo imos estar en Compostela!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario