xoves, 16 de outubro de 2014

3ª ASEMBLEA ABERTA EN PONTEAREAS PARA COORDINAR A PARTICIPACIÓN DA VILA NO 29N


O martes 21 de outubro ás 20:30 no local de Ponte Solidario terá lugar a terceira Asemblea aberta da Coordinadora de Ponteareas, preparatoria do 29N, co obxecto de seguir organizando as tarefas precisas para participar e difundir a mobilización das Marchas da Dignidade. 
 
PAN, TRABALLO E TEITO

As Marchas da Dignidade están formadas por colectivos sociais, sindicais e políticos e persoas a título individual conscientes da necesidade de dar unha resposta unitaria ante os intentos dos poderes económicos de roubarnos os dereitos e a dignidade á maioría social traballadora.

  • Debemos unirnos e organizarnos para defender os nosos dereitos, froito de décadas de loita, e conquistar un nivel de vida digno, acorde cos coñecementos e tecnoloxía actual.
  • Debemos unirnos e organizarnos ante uns gobernos que nos saquean para garantir os beneficios e privilexios das elites económicas (recortes, privatizacións, lexislación á medida …)
  • Debemos unirnos e organizarnos para denunciar as mentiras e valores individualistas deste sistema corrupto e inxusto. Unha comunidade avanzada debe guiarse pola cooperación e solidariedade.
  • Debemos unirnos e organizarnos para concienciar e gañar apoio social de cara a lograr unha auténtica democracia, a soberanía popular, imprescindible para que a economía se oriente polo interese xeral, única maneira de encamiñarse cara a un modelo igualitario, xusto e sostible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario