martes, 14 de outubro de 2014

2ª ASEMBLEA ABERTA EN PONTEAREAS PARA COORDINAR A PARTICIPACIÓN DA VILA NO 29N



O martes 14 de outubro ás 20:30 no C.S.A. O´Fresco terá lugar a segunda Asemblea aberta da Coordinadora de Ponteareas preparatoria do 29N, co obxecto de  organizar as tarefas precisas para participar e difundir a mobilización das Marchas da Dignidade.
Debemos unirnos e organizarnos ante uns gobernos ao servizo dos intereses privados, os cales, ante a crise provocada polo libre mercado, saquean ao pobo traballador para garantir os seus beneficios e privilexios (recortes, privatizacións de servizos públicos e sectores estratéxicos, lexislación á medida do sector privado …)
Debemos unirnos e organizarnos ata acadar a soberanía popular, imprescindible para que a economía se oriente polo interese xeral.
Debemos unirnos e organizarnos para desenmascarar as mentiras e valores individualistas deste sistema corrupto e inxusto. Debemos concienciar e gañar apoio social para lograr o poder popular, poder  que permita a transformación cara a un modelo igualitario, xusto e sostible, só o pobo defende ao pobo.
A mobilización do 29N é a continuación da Marcha pola Dignidade  do 22M a Madrid, que reuniu a máis de un millón de persoas e supuxo un punto de inflexión na loita polos nosos dereitos. 
As Marcha da Dignidade constitúen a unión das loitas parciais organizadas por diversos colectivos, ante a evidencia de que os problemas concretos veñen derivados dun réxime ao servizo do poder económico. Só o pobo unido, organizado e combativo defenderá os intereses do pobo.

Prégamos a vosa implicación e difusión desta Asemblea para axudar a que a voz da maioría sexa tida en conta, dunha maioría social á que están saqueando para manter os beneficios e privilexios dunha minoría: das elites económicas: dos mercados, eufemismo tras o que se esconden os intereses da banca e multinacionais.


PAN, TRABALLO E TEITO

Ningún comentario:

Publicar un comentario