venres, 31 de outubro de 2014

O VENRES, 7 DE NOVEMBRO, FOLIADA NA ESTRADA. - OS GAITEIROS APOIAN AS MARCHAS DA DIGNIDADE -

Marcha Gaiteira pola Dignidade
A coordinadora da Estrada das Marchas da Dignidade organiza unha Foliada para a noite do venres día 7 de Novembro, baixo o lema “Pan, Traballo e Teito”.
 
Animamos aos gaiteiros da zona a que particen, ben cos seus grupos ou ben a título individual, nesta foliada reivindicativa que ten como obxetivo animar á cidadanía a participar da Marcha a Compostela, que terá lugar o 29 de novembro, e que rematará cunha concentración na Praza do Obradoiro.

O punto de encontro dos gaiterios que queiran participar da foliada será ás 21:00h no bar Enredo, na zona dos viños e, posteriormente, farase un percorrido polos bares da Estrada.

As Marchas da Dignidade poñen de manifesto a importancia de unificar as loitas e que tan só dende a unidade conseguiremos dar resposta á situación de Emerxencia Social na que nos atopamos.

Mobilizámonos!
**Polo emprego e salario digno.
**Polos dereitos sociais que garanticen a igualdade e liberdade reais.
**Por unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade
**Por un ensino público e de calidade
**Polo dereito a vivenda
**Por unhas pensións que nos permitan vivir con dignidade.
**Pola defensa da cultura, o idioma e o medio natural
**Contra os recortes nos servizos públicos.
**Contra a corrupción e os políticos corruptos.
**Por unha sociedade de mulleres e homes libres.

Unha mobilización contra un réxime e uns gobernos que nos agreden e non nos representan.  Unha mobilización camiño á conquista das nosas vidas. 


Para máis información podedes contactar con nós 

PEGADA DE CARTEIS, E COLOCACION DE PANCARTAS. A XUVENTUDE GALEGA TRABALLANDO ARREO CARA O 29N. PRIMEIRA CITA O 6 DE NOVEMBRO

Xuventude Comunista @XCGaliza 
[#Compostela] Comezando difusión da manifestación do #6N das @Marchas22M
Camiñando cara o #29N! 20h Porta do Camiño
En Boiro difundindo as Xeiras.  #xeiraBoiro #29N #marchasdadignidade
Monforte tamén vai.

xoves, 30 de outubro de 2014

AS MAREAS NA CORUÑA E PONTEVEDRA, TAMEN O TEÑEN CLARO. 0 29N VAN.



GRAZAS AO BLOGUE “GALIZA EN LOITA” POLA DIFUSIÓN DO 29N. TODOS SOMOS POUCOS. IMOSSSSSSSS

ONTE SIMULTANEAS ROLDAS DE PRENSA PARA ANUNCIAR AS MOVILIZACIONS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. 7 MANIFESTACIONS O DIA 6 DE NOVEMBRO E O 29N OCUPA O OBRADOIRO


video da rolda de prensa onte en Vigo.  www.videovigo.es


FARO DE VIGO

A OPINIÓN CORUÑA

PONTEVEDRA VIVA.COM

LIGAZÓN AO ALBUM DE FOTOS DAS ROLDAS DE PRENSA.
https://www.facebook.com/Iker.Ilkerman/media_set?set=a.556198654512469.1073742529.100003670178184&type=3

FOTOS DA ROLDA DE PRENSA EN LUGO
https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSbEVhY3A5amZhTTg&usp=sharing


PRESENTAMOS AOS MEDIOS, EN ROLDA DE PRENSA, NA PRAZA DO OBRADOIRO EN COMPOSTELA, A CAMPAÑA DE MOVILIZACIONS DE OUTONO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

video

Con unha pancarta de presentación co lema:
“COMENZA O CAMIÑO Ó OCUPEMOS O OBRADOIRO. O 29N, EU VOU. PAN TRABALLO E TEITO. “ Representantes de organización que formamos parte da PLATAFORMA GALEGA  DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, presentamos públicamente a movilización do 29 de novembro  que con distintas columnas procedentes de todo Galicia nos levará a encher a praza do Obradoiro reclamando PAN TRABALLO E TEITO.

Tamen anunciamos as 7 manifestacions que, previamente, terán lugar nas principales cidades galegas, o día 6 de novembro, en apoio de esta  grande movilización do 29N, data na que  simultamamente  nos movilizaremos en todo estado máis de 5 millons de persoas.
Velaquí o video ca noticia emitida nos informativos de Santiago TV

mércores, 29 de outubro de 2014

O 6 DE NOVEMBRO. SETE MANIFESTACIONS EN GALIZA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE A PROL DA CAMPAÑA. OCUPEMOS O OBRADOIRO. O 29N, EU VOU.

                                         PONTEVEDRA                    FERROL                                        
 COMPOSTELA     
       OURENSE                            VIGO          
                                            A CORUÑA                               LUGO         





martes, 28 de outubro de 2014

Ruada da Dignidade en Ferrolterra, o xoves 6 de Novembro, ás 6 da tarde desde a Praza 10 de Marzal até a Praza Amada Garcia - #29NFerrolterraVai


PARTICIPA, EN FERROL, O XOVES 6 DE NOVEMBRO, ÁS 6 DA TARDE DESDE A PRAZA 10 DE MARZAL (entre As Pías e as Casa Baratas) e remate sobre as 7 da tarde, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia), cunha Asemblea Popular Aberta.

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; ...

O 6 de novembro quentamos motores en toda Galiza preparando as marchas do 29N. Ferrolterra mobiliza-se, este 6N, xunto a Lugo, Vigo, Ourense, Compostela, A Coruña e Pontevedra.

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 6N en Ferrol na “Ruada da Dignidade” e o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.


Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 24 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

O 29N, Ferrolterra Vai!

Sitios-e:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/




---

domingo, 26 de outubro de 2014

RESUMO DA PRESENZA DA REPRESENTACIÓN GALEGA EN OVIEDO CO GALLO DA ENTREGA DOS PREMIOS PRINCIPE DE ASTURIAS PARTICIPANDO NA CAMPAÑA “SOMOS REALES” DENTRO DAS MOBILIZACIONS QUE, A NIVEL ESTATAL, ACORDAMOS APOIAR DENDE AS MARCHAS DA DIGNIDADE PARA ESTE OUTONO.

Reprodución de parte de un correo electrónico de Santiago Lamelo do FC-SM de A Coruña.   Coido que o tema queda explicado dabondo.

“O primeiro, comentar que as Marchas seguen a ter forza, a pesar das persoas agoreiras que din o contrario.
Onte en Asturias poidemos sentir a calor das marchas, da xente, do pobo e da súa dignidade.
En Asturias traballaron moitísimo, tiñan un recibimento con bocadillos para cada persoa, ademáis de auga. De balde, solidario.
Alí tamén prepararan conferencias, mesas redondas, concertos, asembleas e moitos máis actos, ademáis das protestas.
Ese  é  o camiño, ese  é o xeito de que as mobilizacións funcionen. Se cremos nas nosas posibilidades, a cousa funciona. E xa tivemos exemplos dabondo.

Acudiron persoas de todos os puntos do estado, e tamén nós, a Columna Galega.  

Xa sabedes o da retención do autobús, tratándonos coma delincuentes so para
retrasar a nosa saída.
Foi un acto propio de dictaduras, porque se fora un bus para acudir a unha manifestación do Foro da Familia ou calquera outra manifa facha, non farían nada, seguro que ata nos escoltarían.

Pero o poder reacciona cos seus medios contra os que o fan peligrar, contra os que disinten, e o de onte foi un claro exemplo, pero nin moito menos o máis grave.
Ademáis, valaron a zona onde estaba autorizada, por un xuíz, a manifestación, e logo utilizaron moreas de gaitas para tratar de tapar os abucheos e asubíos.
Non o conseguiron.
Queren amedrentar, queren calarnos, e nas nosas máns está en facer que o consigan ou non.“



TRABALLANDO ARREO CARA O 29N AGORA TOCA CUMPLIR CON DIGNIDADE A CITA DO 6 DE NOVEMBRO. MANIFESTACIÓNS NAS 7 PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.

















NO MORRAZO, O TEMOS CLARO:  TRABALLO EN EQUIPO, SINCRONIZACIÓN, ALTRUISMO E SOLIDARIDADE.

ELABORACIÓN -Taller de pancartas

FINANCIACIÓN - Sorteo  lote de productos galegos. Velaiquí a cesta que preparamos para o sorteo  na rifa ca que axudamos a cubrir os gastos.

DISTRIBUCIÓN -  Pancartas colgadas xa no Palco de Musica, na Alameda de Cangas



ALGUEN ONTE CUMPLIU A VISITA 40.000 A ESTE BLOGUE,


CAMIÑANDO CARA 0 29N.  
PARA TER INFORMACIÓN DE PRIMEIRA MAN... AQUÍ
EU VOU

4ª ASEMBLEA ABERTA DA COORDINADORA DE PONTEAREAS

A coordinadora de Ponteareas emprázavos a participar na Asemblea Aberta  e preparatoria do 29N, mobilización das Marchas pola Dignidade (PAN, TRABALLO E TEITO). Co obxeto de organizar as tarefas precisas para participar e difundir dita mobilización.

Terá lugar no local de Ponte Solidario (Amado Garra,31) o martes 28 de outubro ás 20:30. 

CAMIÑANDO CARA O 29N

As Marchas da Dignidade nacen da confluencia de colectivos sociais, asociacións, plataformas de persoas afectadas, organizacións políticas, grupos veciñais, intelectuais, artistas e persoas a título individual que entendemos que tan só desde a unidade podemos dar resposta á situación de emerxencia social na que nos atopamos. Unha emerxencia social que vén debido ás sangrantes cifras de paro, a reforma laboral e os recortes sociais que son as ferramentas utilizadas polos poderes económicos para seguir mantendo e aumentando as súas cotas de beneficios, mentres abócasenos ao pobo a unha situación cada vez máis preto da pobreza.

PAN
Son máis de 460.000 as persoas que viven por debaixo do límite da pobreza na Galiza, e a pobreza infantil sitúase en niveis superiores ao 22%. Coa supresión de diversos comedores escolares, quedou en evidencia a extrema dificultade que teñen moitas familias en situación de pobreza severa para alimentar os e as súas fillas. Ademais, ONGs afirman que nos últimos 5 anos aumentaron a case 4 veces máis as solicitudes de atención.

TRABALLO
Ter mans para traballar, ter unha carreira terminada, dispor da túa capacidade tanto manual como intelectual e non encontrar un emprego digno é humillante. Cun paro masivo do 22,3% na Galiza (chegando ao 48,4% entre a mocidade) a patronal aproveitase deste drama para baixar os soldos e as condicións laborais das persoas que aínda teñen emprego, polo que atopámonos nunha situación na que ter un emprego xa non é tan sequera garantía de saír da pobreza.

TEITO
Neste último ano os desafiuzamentos subiron na Galiza, especialmente na zona de Pontevedra con 282 familias que foron expulsadas das súas casas, por non teren a capacidade de facer fronte á súa hipoteca. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar, só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos.

Aproveitan a crise para recortar en dereitos (saúde, educación, dependencia, transportes públicos, enerxía, servizos sociais...). Estas políticas de recortes están causando sufrimento, pobreza e incluso mortes e todo para que a banca e os poderes económicos sigan tendo beneficios. Todo a custa das nosas vidas.

Por iso, desde a Marcha da Dignidade en Ponteareas, chamamos a veciñanza a participar na manifestación do 6/11 en Vigo e a tomar o Obradoiro en Compostela o 29/11. Necesitamos unha mobilización unitaria e masiva contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contras os recortes, a represión e a corrupción, pola renda básica, por unha sociedade de mulleres e homes libres; unha mobilización contra un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Unha mobilización camiño á conquista das nosas vidas.

PAN, TRABALLO E TEITO!

xoves, 23 de outubro de 2014

MOBILIZACION “SOMOS REAIS” OVIEDO 24 OUTUBRO. Retransmisión en directo desde Radio Kras de Uvieu

O vindeiro venres 24 de outubro terá lugar en Uvieu a mobilización 'Somos Reais', co apoio das Marchas da Dignidade 22M e diversos colectivos sociais. | Esta mobilización prodúcese durante a entrada á Gala de entrega de premios Príncipe de Asturias e este ano contará co apoio dunhas 3.000 persoas vindas de fóra de Asturies. http://www.asturiesenmarcha.org

Desde Radio Kras imos realizar un programa especial de 17:00 a 19:00 da tarde, con conexións en directo.
Invitámosvos a difundir nos vosos medios o programa e a colaborar enviándonos audios con entrevistas a xente das vosas zonas que vaia a participar na mobilización.
Por suposto si alguén dos vosos medios vai estar na mobilización e quere colaborar que nos contacte. Contamos con colaboración de xente de Radio QK.
Calquera dúbida ou aclaración dicídesme.
Salú Falo Radio Kras: falomarcos@gmail.com

http://www.asturiesenmarcha.org/somos-reales-protesta-social-frente-a-la-obscena-exhibicion-de-poder-riqueza-y-privilegios-de-los-premios-principe-de-asturias/  NÓS IMOS CARA ASTURIES. 

A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTAREMOS EN OVIEDO O DÍA 24 DE OUTUBRO NA MOVILIZACION CONVOCADA NA ENTREGA DOS PRINCIPES DE ASTURIES PORQUE A NOSA DIGNIDADE E REAL.

mércores, 22 de outubro de 2014

HOXE ROLDA DE PRENSA EN COMPOSTELA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE PARA PRESENTAR A CAMPAÑA DO 29N EU VOU - COMENZA O CAMIÑO Ó OCUPEMOS O OBRADOIRO - NOVAS RECOLLIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

martes, 21 de outubro de 2014

A MMM. AS MULLERES GALEGAS o 29N TAMÉN VAN.


A Marcha Mundial das Mulleres  acordou apoiar e participar activamente nas Marchas da Dignidade e o día 29 de novembro van estar no Obradoiro.


A MMM o 29N VAI.!!!

CONTINÚA IMPARABLE O DESPLEGUE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE POR TODO O PAÍS.

Galiza enteira manifesta con firmeza:.  “O 29N  Eu Vou.”
A máis das Asembles que xa estaban constituidas e funcionando, neste mes conformaronse novas Plataformas en Redondela, Lugo, Ponteareas, Ourense, O Barco, Monforte  e Baiona,  están a piques de constituirse en Nigrán, O Porriño e Gondomar e logo dun pequeno impulso tamén se vai a constituir en Sarria.
Dende Valdeorras acordaron comenzar xa e van fletar un autobús para garantir a súa presenza no Obradoiro o 29N. Teñen xa creada unha dirección  para apuntarse marchasdadignidade.valdeorras@gmail.com. O prezo por persoa andará entre 10 e 15 €.

Tamén en Monforte crearon unha conta de correo electrónico marchasdadignidade.lemos@gmail.com. e acordaron xuntarse en asemblea aberta todos os venres,  no edifcio sindical. En Ponteareas xa van pola terceira xuntanza, en Redondela reúnense todos os martes, e mañan, 22,  tamén acordaron facelo en Ourense para definir a ruta das marchas a pé de toda a provincia.
O 29N  tí vas, eu vou,
nós ímossssssssssssssssssssss. !!!

Ocupemos o Obradoiro.

“A RIA NON SE VENDE” SE INCORPORA PARA SUMAR NA PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

A rede de colectivos A Ría Non se Vende manifestase a prol das Marchas da Dignidade, das súas reivindicacións e das súas mobilizacions, e decide SUMARSE á Columna Galega, incorporandose á mesma,  a través da Plataforma Viguesa.

Saudamos a súa decisión de participar activamente e contiribuir, así, a garantir que o Obradoiro se ateigue o 29 de Novembro.
                 O 29-N, A Ría Non se Vende  Vai!!! 

CASTA!!!!!!

luns, 20 de outubro de 2014

CONVOCASE ROLDA DE PRENSA PARA O MÉRCORES DÍA 22 DE OUTUBRO ÁS 11,30 NO OBRADOIRO EN COMPOSTELA

A Columna Galega das Marchas da Dignidade, convoca ROLDA DE PRENSA, que terá lugar o vindeiro mércores, 22 , ás 11:30 h. no Obradoiro. (Fronte as escalas da Catedral)
O obxectivo desta rolda de prensa será a presentación da mobilización "OCUPEMOS O OBRADOIRO" que terá ljugar o sábado 29 de novembro, as 12:00 da mañan, tendo como lema unha vez máis: PAN TRABALLO E TEITO, que resume as aspiracións das máis de cuarenta organizacioóns e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia, o respecto da situación que estamos a vivir a maioría social, que somos @s traballador@s e os sectores populares.


O 29N, cinco columnas humanas procedentes de toda a xeografía galega confluiràn às 12 da mañán no Obradoiro.

HORARIOS E PERCORRIDOS DAS MANIFESTACIONS PARA O DÍA 6 DE NOVEMBRO

Hoxe foron comunicadas, ás respectivas Subdelegacións do Goberno, os HORARIOS E PERCORRIDOS DAS MANIFESTACIONS  que terán lugar o xoves 6 de novembro dentro da campaña
“Camiñando ó 29-N”.
 


@S TRABALLADOR@S DE CITROËN ESTARÁN NO OBRADOIRO O 29 DE NOVEMBRO.

A Asemblea da Sección Sindical da CUT en Citroën reunida en Vigo o pasado sábado, acordou por unanimidade secundar o chamamento do 29N 
Eu VOU.

venres, 17 de outubro de 2014

A LOITA CONTINÚA, O 24 DE OUTUBRO IMOS CARA ASTURIES. A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. ESTAREMOS EN OVIEDO NA MOVILIZACION CONVOCADA NA ENTREGA DOS PRINCIPES DE ASTURIES PORQUE A NOSA DIGNIDADE E REAL.


http://www.publico.es/politica/550562/los-jueces-ven-logico-y-legitimo-que-la-marcha-de-la-dignidad-llegue-a-los-principe-de-asturias

AS GALEGAS E OS GALEGOS

IMOS A ASTURIES O 24-O

(liga aquí para ver o percorrido do autocar)

E O 29-N EN COMPOSTELA OCUPAREMOS O OBRADOIRO 

LIGA AQUÍ AO  Programa para o 23 e 24 de Outubro en Oviedo.



Outras publicacións sobre iste tema: