venres, 19 de setembro de 2014

Arranca a campaña do Ocupa o Obradoiro en LUGO

Presentación da campaña do 29N “Ocupa o Obradoiro” no Centro Social O Carneiro Alado de Lugo.

Dandolle continuidade aos acordos acadados na Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade no referente a extensión  e consolidación local e comarcal das Marchas co espíritu emanado do 22M, concretouse, xa, unha xuntanza para o mércores 24 de setembro, ás 20:00 horas, no C.S. O Carneiro Alado de Lugo.

Esta xuntanza será o punto de arranque, en Lugo e comarca, da campaña para a movilización nacional galega do vindeiro 29 de novembro. Proxectarase o video “O tren galego da Dignidade”  tralo cal participarán, nunha charla coloquio, Carlos Costoya do SF-CI,  Angel Valladares da CGT,  e Manolo Camaño da CUT.


Ningún comentario:

Publicar un comentario