martes, 30 de setembro de 2014

ACTO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NO A.C. BOU EVA EN VIGO.. O 29N OCUPEMOS O OBRADOIRO

Este Sabado celebrouse no Bou Eva de Vigo unha XUNTANZA ABERTA das Marchas da Dignidade coa finalidade de coñecérmonos, manifestar as nosas dúbidas, fomentar as nosas ilusións, debater as nosas reivindicacións desde distintos puntos de vista: 
                                                                                                                  

Oficiaron de poñentes :
Agueda Estevez polas XX.CC.
Tareixa Otero pola MMM
Manolo Camaño pola CUT

“Somos a clase traballadora expoliada, a xente moza condenada ao desemprego ou expulsada do seu país, as mulleres combativas, o pobo galego solidario e consciente que defende o seu dereito á vida digna” e por iso e moito máis.....

O 29N,  IMOSSS!!!... OCUPEMOS O OBRADOIRO.

luns, 29 de setembro de 2014

venres, 26 de setembro de 2014

REDONDELA SUMA. REDONDELA CAMIÑA, REDONDELA VAI...


REDONDELA NAS  MARCHAS DA DIGNINDADE DE CARA AO 29N_OCUPEMOS O OBRADOIRO
PAN, TRABALLO E TEITO.
O MARTES 30 DE SETEMBRO ÁS 20:00H. 
NA CASA DA CULTURA _ASEMBLEA ABERTA

TÍ OPINAS, TÍ DECIDES.   ACUDE.!!!







mércores, 24 de setembro de 2014

PAN, TRABALLO E TEITO. O 29N, EU VOU.

"OCUPEMOS O OBRADOIRO"

XUNTANZA ABERTA CARA O 29N NO C.S. BOU EVA, EN VIGO. - PRESENTACION DA VINDEIRA MOVILIZACION DAS MARCHAS DA DIGNINADE: "O 29N OCUPEMOS O OBRADOIRO"

Como citan na súa convocatoria nas redes sociais para o 27 de setembro , sábado:

"O sábado, ás 20:30 horas, o situación de urxencia social que estamos a vivir chama á unidade de todas as expoliadas, precarizadas e marxinalizadas por mor deste sistema asfixiante. Xuntarémonos, como indica o primeiro verso da Internacional, para debater as ideas e facer medrar a ilusión que nos leve a tomar o Obradoiro no vindeiro 29 de Novembro.  Imos!”

venres, 19 de setembro de 2014

Arranca a campaña do Ocupa o Obradoiro en LUGO

Presentación da campaña do 29N “Ocupa o Obradoiro” no Centro Social O Carneiro Alado de Lugo.

Dandolle continuidade aos acordos acadados na Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade no referente a extensión  e consolidación local e comarcal das Marchas co espíritu emanado do 22M, concretouse, xa, unha xuntanza para o mércores 24 de setembro, ás 20:00 horas, no C.S. O Carneiro Alado de Lugo.

Esta xuntanza será o punto de arranque, en Lugo e comarca, da campaña para a movilización nacional galega do vindeiro 29 de novembro. Proxectarase o video “O tren galego da Dignidade”  tralo cal participarán, nunha charla coloquio, Carlos Costoya do SF-CI,  Angel Valladares da CGT,  e Manolo Camaño da CUT.


DE NOVO A RÚA!!! OCUPEMOS O OBRADOIRO. --MANIFESTO PARA O 29N DAS MARCHAS DA DIGNIDADE--


RESUMO DOS ACORDOS DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE 16/SET/2014






       29-N, TOMEMOS OBRADOIRO!!

Acadaronse acordos en torno aos seguintes puntos:

Comunicación e propaganda
Extensión  e fixación do movemento,
Organización e seguimento das marchas a pé. 
Actos previos, organización e concreción de datas
Financiamento

O 29-N, ás 12 da  mañan, UNHA MULTITUDE DE GALEGOS  GALEGAS ATEIGAREMOS O OBRADOIRO.
                                       

xoves, 18 de setembro de 2014

Hai moitas razóns para ir, encher e ocupar a Praza do Obradoiro o 29 de novembro.

video

No video, feito por Ikerman, e aloxado tamén en youtube, están algunhas razóns contadas por xente de Vigo e comarca. Seguro que hai moitas máis.
Súmate o 29 de Novembro ca túa razón ás Marchas da Dignidade na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. 

“Ocupemos o Obradoiro”- Sairán marchas dende toda Galiza. O 29-N vémonos alí!

NOVO EMPLAZAMENTO DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DA COLUMNA GALEGA DO 22M. AGORA EN A CORUÑA.

Dende hoxe mesmo pode verse no BAR O MENTIREIRO na rúa Orillamar, 12 de A Coruña.


Esta tarde, a partir das 20:00h., a máis, faremos a presentación pública da vindeira movilización acordada para o 29N na Galiza.  “Ocupemos o Obradoiro”



martes, 16 de setembro de 2014

O 29 N EN MARCHA NA COMARCA DE VIGO.

Onte, con unha nutrida asistencia, mantivemos a xuntanza da Plataforma das Marchas da Dignidade en Vigo e Comarca na sede da CUT en Vigo.
Unha xuntanza ampla e plural que deu lugar a un fructifero debate, e acordos no abano organizativo e no reparto de responsabilidades de cara a contribuir dende esta comarca a encher a Praza do Obradoiro o 29 de Novembro. 
Imosssssssss. O 29N en marcha dende o sur da Galiza. 

LIGAZÓN Á REPORTAXE FOTOGRÁFICA PUBLICADA NA PÁXINA DO FACEBOOK DO FOTOGRAFO IKERMAN. https://www.facebook.com/Iker.Ilkerman/media_set?set=a.535598679905800.1073742453.100003670178184&type=1

martes, 9 de setembro de 2014

CONVOCATORIA DE XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O 16 DE SETEMBRO NA GENTALHA DO PICHEL EN COMPOSTELA.

Preparando a vindeira cita nas rúas que será … 
O 29 de novembro na Praza do Obradoiro. 
   "OCUPEMOS O OBRADOIRO"

Esta movilización consistiría na confluencia, ese día, no Obradoiro, das marchas que partirán dende puntos distintos da Galiza atendendo ás distintas dinámicas que se xeneren en cada comarca, co obxectivo de encher esta simbólica plaza de dignidade, ao igual que se vai a facer, simultáneamente, en todos os países, rexións e comunidades do estado español.

LIGA AQUÍ A CONVOCATORIA E A ORDE DO DÍA
https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSeFptUkM2UmRET2c/edit?usp=sharing

PREPARANDO O 29N_ PRIMEIRA XUNTANZA DA COORDINADORA LOCAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NA ESTRADA.


sigue a nova no Faro de Vigo.
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/09/09/reunion-coordinadora-local-marchas-da/1090251.html

PREPARANDO O 29N... CONVOCATORIA XUNTANZA DA PLATAFORMA COMARCAL VIGO-BAIXO MIÑO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O 15 DE SETEMBRO


A COMARCA DE VIGO  E A DO BAIXO MIÑO 
ESTAREMOS NO OBRADOIRO O 29 N.   NÓS IMOS.

NOVA XUNTANZA O VINDEIRO LUNS DÍA 15 ÁS 20:00. NO LOCAL DA CUT EN VIGO.

LIGA AQUÍ Á CONVOCATORIA. https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSOGFzeEdOZWxhNVE/edit?usp=sharing
                                                                                                   



xoves, 4 de setembro de 2014

Convocada a X Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - O xoves 4 de Setembro, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán


Convocada unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, este xoves 4 de Setembro, ás 19:30hs
, no Ateneo Ferrolán

Na última Asemblea do pasado 31 de Xullo, deixamos convocada a seguinte Asemblea para o xoves 4 de Setembro, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204). Para esta Asemblea temos pendentes asuntos de organización en Ferrolterra, mais principalmente abordaremos os inicios da organización da mobilización xeral do 29 de Novembro que vai ter lugar en todo o Estado. Na Galiza consistirá na realización de diferentes actos e accións, no camiño de encetar marchas desde diferentes lugares da Galiza, para confluír todas e todos, o 29N na Praza do Obradoiro en Compostela. Na citada Asemblea debateremos sobre o contido do Manifesto e o Documento Técnico de preparación do 29N (Quen non o teña pode solicita-lo ao enderezo de correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com).
PARTICIPA !!

Proposta de guión para a X Asemblea:

    1.- Elección de moderador/a.

    2.- Elección dunha nova coordinadora e reparto de responsabilidades dentro da devandita coordinadora.

    3.- Organización do 29-N "Ocupemos O Obradoiro".

    4.- Necesidade de converxencia das distintas plataformas da nosa comarca. Proposta feita pola Xuventude Comunista.
--

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---

mércores, 3 de setembro de 2014

CIRCULAR DA COMISIÓN COORDINADORA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

ver documento en pdf.
https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSWGMzazFtdFhPQ2s/edit?usp=sharing

CONTINÚA O ROTEIRO POLA GALIZA DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

A Exposición fotográfica sobre a columna galega das Marchas da Dignidade que recolle o traballo desinteresado dos profesionais Sonia Daponte, Miguel Núñez e Xabi Castro, chegou ate A Estrada.
Este mes pode verse No Cafe "La Farola"  Praza de Galicia 1 -1º andar – A Estrada. 
Dispoñible para expoñer en calquera punto de Galiza. Reservas no teléfono 986.39.20.03

Seguimos difundindo e socializando o obxectivo que nos marcamos cas Marchas.
Adiante as Marchas da Dignidade!!!  
O 29N Tomamos o Obradoiro.


martes, 2 de setembro de 2014

29.08.2014 CONSTITUIDA A PLATAFORMA COMARCAL TABEIRÓS-TERRA DE MONTES DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NO CAFÉ “LA FAROLA” DE A ESTRADA.











O pasado 29 de Agosto presentouse no café “La Farola” de A Estrada una nova plataforma comarcal das marchas da Dignidade. Tras a proxección dos videos elaborados por Galiza Confidencial para as Marchas da Dignidade:  “22M O Tren Galego da Dignidade" e “Rodea o Parlamento 21X”, con máis de vinte persoas presentes estableceuse un animado debate  tralo que se decidiu constituir a Plataforma Comarcal Tabeirós-Terra de Montes das Marchas da Diginidade,  e  fixar data para una primeira xuntantanza que terá lugar o 8 de setembro

Ligazón ás fotos