xoves, 28 de agosto de 2014

NOVA PLATAFORMA COMARCAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN TABEIRÓS-TERRA DE MONTES


O vindeiro venres, 29 de agosto as 20:00 h., no café "A Farola" de A Estrada, terá lugar o acto de presentación de unha nova Plataforma Comarcal das Marchas da Dignidade na Galiza: A PLATAFORMA COMARCAL DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES... Exposición Fotográfica Itinerante. Proxección do vídeo do 22M, " O tren Galego da dignidade", e ASEMBLEA ABERTA para preparar a vindeira movñilización do 29 de novembro sobre o Obradoiro.

Intervirán: Manolo Camaño da CUT  e Xosé Carlos Costoya do SF-Intersindical.
Presenta:  Mar Blanco.

O 22M a dignidade galega tomou ás rúas de Madrid.
O 30 de abril compartimos xornada de loita co resto de pobos do estado fronte ás oficinas de emprego  na Galiza, e o 21X rodeamos de dignidade o Parlamento Galego.

A vindeira cita será o 29 de novembro na Praza do Obradoiro.
A LOITA CONTINÚA.
ATE CONQUERIR PAN, TRABALLO, E TEITO,
TODAS E TODOS Á RÚA.

NA MOVILIZACIÓN ESTÁ A SOLUCIÓN.
O 29N NA GALIZA , A PRAZA DO OBRADOIRO REBOSARÁ DIGNIDADE.       Imossss!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario