martes, 17 de xuño de 2014

Rolda de Prensa en Ferrol, nos contentores de lixo da Praza de San Amaro



Para explicar os obxectivos e desenvolvemento dos actos que van ter lugar con motivo da acción popular e reivindicativa do vindeiro sábado 21 deste mes de Xuño, baixo o lema 'Rodea o Parlamento', e comunicar como se pode participar desde Ferrolterra, as Marchas da Dignidade celebraramos unha rolda de prensa, ás 12 do mediodía do pasado Luns 16 de Xuño.

Cunha nutrida participación de marchistas a citada rolda de prensa tivo lugar nos contentores de lixo da Praza de San Amaro en Ferrol.

Escollemos este emprazamento para facer visible unha realidade que cada día e cada noite, nesta cidade, marca a vida de supervivencia de moit@s dos nosos conveciñ@s.

Escollemos este emprazamento porque é aí, nos contentores de lixo a onde van cada día moitos dos nosos dereitos, dereito á sanidade, ao traballo, á vivenda, ao traballo...

Escollemos este emprazamento porque é aí, aos contentores de lixo, a onde a casta política envía as nosas opinións, os nosos votos, a nosa participación... a soberanía popular.

Escollemos este emprazamento, porque Ferrolterra coas políticas aplicadas polos partidos do sistema, obedientes á Troika, parece condenada a desaparecer dentro do contedor da pobreza, o desemprego e a emigración.

Esta acción, do 21X, que terá lugar en Compostela, vai ter o acompañamento en todo o territorio do Estado, onde a maioría dos parlamentos serán por unhas horas, o símbolo que sinale que unha parte cada vez maior da cidadanía quere cambiar este sistema de democracia anoréxica e capitalismo viral.

Na rolda de prensa fixo-se un chamamento á cidadanía para participar na acción que partirá en manifestación desde a estación de Tren de Compostela, ás 12 do mediodía do citado sábado 21X.

AVISO:

Desde Ferrol, sairán buses, ás 10:30hs, desde as inmediacións da 'Praza 10 de Marzal', no barrio de Recimil, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas.

Prezo do bus (ida e volta): 7 euros.
Reserva de billete e información: 655 544 422 e 657 905 945, ou no correo-e:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com




Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---

Ningún comentario:

Publicar un comentario