venres, 20 de xuño de 2014

ESTE SÁBADO, A PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE RODEAMOS O PARLAMENTO GALEGO: PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS AINDA ESTÁ POR CONQUERIR.

As diferentes Plataformas, locais e comarcais do país que, dende a Asemblea de Teo, pero xa tamén dende antes, -máis ou menos medio ano-, se empezaron a crear, levan feito un traballo arreo para preparar esta movilización do 21X: Rodear o Parlamento Galego e DEMOSTRAR, ASÍ, A FORZA QUE NOS DA A UNIDADE POPULAR.

Una movilización que non é aillada si non que, simultáneamente ao que se fará en Compostela veremos como se está a facer no resto de pobos, rexións, comunidades países e nacións do estado español que, de forma coordinada, tamén rodearán os seus respectivos centros de decisión poliítica: gobernos autonómicos, e parlamentiños “de paripé” donde, como dí o profesor Beiras, por boca dos monecos alí sentados falan os ventrílucuos da Troika defensores do capitalismo máis voraz.

Os cartéis publicados ate hoxe poden atoparse na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSdk5SZ1owTHcySnM&usp=sharing


Somos conscientes do traballo ben feito, pero tamén do que ainda queda por facer, ate conqueir os obxectivos marcados.

Non temos dúbida que si facendo un traballo dende a base, e organizándonos de forma horizontal, conseguimos facer a maior mobilización da historia do Estado español o pasado 22M, e tendo en conta que a importante contribución galega a esa movilización chegou, salvando os atrancos dos de sempre, despois do traballo feito durante apenas un mes, a bó fe que imos conquerir todos os obxectivos que nos marquemos e deste xeito, máis cedo que tarde, será o pobo quen ordene, e non a Troika.

Imos mudar e afastar aos actuais gobernos porque sí, mudaremos o sistema porque xa toca e ca nosa forza, a forza das clases populares, da xente do común, teremos PAN TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

MAÑÁN ÁS 12:00, QUEDAMOS NA ESTACIÓN DE TRENS DE COMPOSTELA.
VIVA A CLASE TRABALLADORA.
Jccostoya 20.06.2014
SF-Intersindical
_____________

Ningún comentario:

Publicar un comentario