martes, 24 de xuño de 2014

A MOVILIZACION GALEGA DO 21X_ “RODEA O PARLAMENTO”_ NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN



PUBLICACIONS ESCRITAS
http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article70010 (inclúe video)















FOTOS


VIDEOS





luns, 23 de xuño de 2014

O berro de "pan, traballo e teito" rodeou o Parlamento Galego - Vídeo


O Parlamento foi rodeado, na mañá deste sábado, por unha gran marea reivindicativa convocada polas Marchas da Dignidade. "O Parlamento galego e os demais parlamentos de todo o Estado español foron secuestrados", denunciou o manifesto lido ao remate da mobilización, que centrou as súas críticas no poder financeiro, "unha mafia" que "coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE, está a roubar o que é do pobo para entregarllo ás grandes empresas". O texto incidiu polo tanto na denuncia do control que o poder económico exerce o poder político e as súas institucións, un control que lle resta "lexitimidade" ao poder lexislativo e que xustifica a necesidade "situar o debate e a contestación nos Parlamentos, no europeo, no español, nos parlamentos autonómicos. Centros de decisión en teoría democráticos que deixaron de selo".

A deste sábado foi unha manifestación diferente. Polo seu percorrido e polo seu desenvolvemento, pois dende o seu inicio na estación de tren de Compostela, os seus integrantes fóronse estendendo e desprendendo, formando unha fileira no perímetro do Parlamento, coma unha longa corda que se desenrolaba. Así, até rodear por completo o exterior da cámara. Foi unha manifestación ruidosa, liderada polo berro de "pan, traballo e teito" e a demanda de "dimisión", tanto para Alberto Núñez Feijoo coma para Felipe VI.

Foi tamén moi significativo o papel dun grupo moi numeroso de bombeiros, moitos deles dende hai meses no contexto de sucesivos conflitos laborais polos seus dereitos, que non só lideraron a marcha en moitos treitos, senón que formaron un eficaz servizo de orde. De feito, outro dos berros máis escoitados foi o de "madeiros, aprendede dos bombeiros", dirixidos cara ás dotacións de antidisturbios que vixilaban a mobilización. E foi tamén unha manifestación chea de cor, de bandeiras de todo tipo: republicanas, estreleiras, comunistas, anarquistas, de Nunca Máis, ou das organizacións -da CUT a CGT, pasando por SLG, Podemos, o Sindicato Ferroviario ou o STEG- que máis se implicaron na súa convocatoria, apoiada expresamente por BNG e por todas as forzas que compoñen AGE.

Manuel Camaño, un dos voceiros da plataforma, entende "que hai unha clave frentepopulista e unha clave de unidade de clase e popular, que nos obriga a todos os que pensamos que este sistema é inxusto". Nos últimos días AGE chamou nun comunicado a secundar a convocatoria e a demandar “solucións a esta situación de fame e pobreza a través da “unidade popular” para destituír “a aqueles que non representan o pobo”. E, de igual xeito, o BNG defendeu que a Cámara "ten que ser a institución que recolla a voz da cidadanía acosada polas políticas de recorte do PP en todas as instancias nas que goberna".

Neste sábado 21 houbo manifestacións semellantes ante os parlamentos de todas as comunidades autónomas do Estado. Todas coa mesma demanda de "pan, traballo e teito" e o obxectivo de "devolver o poder ás persoas", como tamén lembrou o manifesto lido por unha activista das PAH, un texto que puxo en dúbida a lexitimidade que lles queda ás cámaras de representación: "ninguén lexitimou os partidos que gobernan para dar ós bancos preto de douscentos mil millóns de euros, ninguén lexitimou o goberno para que permita que se desafiucen ás familias mentres os bancos dispoñen de milleiros de vivendas baleiras, ninguén lles autorizou para facer pública unha débeda que era privada, ninguén autorizou o goberno a que siga as indicacións da Troika e ninguén autorizou un tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa que será un dos maiores ataques á democracia en toda a súa historia".

A marcha pechouse coa lectura deste texto a uns poucos metros das portas da cámara, con berros de "non pasarán" e co emprazamento a unha nova manifestación ante o Parlamento para o vindeiro mes de novembro, continuando cun ciclo de mobilización que as Marchas da Dignidade e a columna galega do 22M iniciou precisamente ese 22 de marzo que reuniu en Madrid centos de milleiros de manifestantes. Nos últimos meses, ademais, o 22M mantivo unha actividade reivindicativa, centrada na denuncia dos elevados niveis de desemprego, na crise industrial, na defensa do dereito á vivenda e na loita contra os crecentes niveis de pobreza e exclusión social.

Por Marcos Pérez Pena, publicado no xornal
Praza Pública 21 de Xuño de 2014 | Licenza Creative Commons by-sa.

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
_______________


Rodea o Parlamento - Marchas da Dignidade - Compostela, 21 de Xuño de 2014)

http://youtu.be/kGYaw1-6a7A
Galiza ContraInfo


Marchas da Dignidade Galiza
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
__________________

venres, 20 de xuño de 2014

ESTE SÁBADO, A PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE RODEAMOS O PARLAMENTO GALEGO: PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS AINDA ESTÁ POR CONQUERIR.

As diferentes Plataformas, locais e comarcais do país que, dende a Asemblea de Teo, pero xa tamén dende antes, -máis ou menos medio ano-, se empezaron a crear, levan feito un traballo arreo para preparar esta movilización do 21X: Rodear o Parlamento Galego e DEMOSTRAR, ASÍ, A FORZA QUE NOS DA A UNIDADE POPULAR.

Una movilización que non é aillada si non que, simultáneamente ao que se fará en Compostela veremos como se está a facer no resto de pobos, rexións, comunidades países e nacións do estado español que, de forma coordinada, tamén rodearán os seus respectivos centros de decisión poliítica: gobernos autonómicos, e parlamentiños “de paripé” donde, como dí o profesor Beiras, por boca dos monecos alí sentados falan os ventrílucuos da Troika defensores do capitalismo máis voraz.

Os cartéis publicados ate hoxe poden atoparse na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSdk5SZ1owTHcySnM&usp=sharing


Somos conscientes do traballo ben feito, pero tamén do que ainda queda por facer, ate conqueir os obxectivos marcados.

Non temos dúbida que si facendo un traballo dende a base, e organizándonos de forma horizontal, conseguimos facer a maior mobilización da historia do Estado español o pasado 22M, e tendo en conta que a importante contribución galega a esa movilización chegou, salvando os atrancos dos de sempre, despois do traballo feito durante apenas un mes, a bó fe que imos conquerir todos os obxectivos que nos marquemos e deste xeito, máis cedo que tarde, será o pobo quen ordene, e non a Troika.

Imos mudar e afastar aos actuais gobernos porque sí, mudaremos o sistema porque xa toca e ca nosa forza, a forza das clases populares, da xente do común, teremos PAN TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

MAÑÁN ÁS 12:00, QUEDAMOS NA ESTACIÓN DE TRENS DE COMPOSTELA.
VIVA A CLASE TRABALLADORA.
Jccostoya 20.06.2014
SF-Intersindical
_____________

PRESENTACIÓN Á PRENSA DA MOVILIZACIÓN DO 21X_ "RODEA O PARLAMENTO"_ antonte, mércores.













A máis de confirmar a presenza nos telexornais do día na TVG e V Televisón atopamos as seguintes RECORTES DE PRENSA:


Artigo de opinión no Faro de Vigo: RODEAR O PARALAMENTO_Manolo Camaño (CUT) 
http://www.farodevigo.es/opinion/2014/06/18/rodear-o-parlamento/1043740.html?utm_medium=r


FOTOS DA ROLDA DE PRENSA o 18 de xuño en Compostela


martes, 17 de xuño de 2014

Rolda de Prensa en Ferrol, nos contentores de lixo da Praza de San Amaro



Para explicar os obxectivos e desenvolvemento dos actos que van ter lugar con motivo da acción popular e reivindicativa do vindeiro sábado 21 deste mes de Xuño, baixo o lema 'Rodea o Parlamento', e comunicar como se pode participar desde Ferrolterra, as Marchas da Dignidade celebraramos unha rolda de prensa, ás 12 do mediodía do pasado Luns 16 de Xuño.

Cunha nutrida participación de marchistas a citada rolda de prensa tivo lugar nos contentores de lixo da Praza de San Amaro en Ferrol.

Escollemos este emprazamento para facer visible unha realidade que cada día e cada noite, nesta cidade, marca a vida de supervivencia de moit@s dos nosos conveciñ@s.

Escollemos este emprazamento porque é aí, nos contentores de lixo a onde van cada día moitos dos nosos dereitos, dereito á sanidade, ao traballo, á vivenda, ao traballo...

Escollemos este emprazamento porque é aí, aos contentores de lixo, a onde a casta política envía as nosas opinións, os nosos votos, a nosa participación... a soberanía popular.

Escollemos este emprazamento, porque Ferrolterra coas políticas aplicadas polos partidos do sistema, obedientes á Troika, parece condenada a desaparecer dentro do contedor da pobreza, o desemprego e a emigración.

Esta acción, do 21X, que terá lugar en Compostela, vai ter o acompañamento en todo o territorio do Estado, onde a maioría dos parlamentos serán por unhas horas, o símbolo que sinale que unha parte cada vez maior da cidadanía quere cambiar este sistema de democracia anoréxica e capitalismo viral.

Na rolda de prensa fixo-se un chamamento á cidadanía para participar na acción que partirá en manifestación desde a estación de Tren de Compostela, ás 12 do mediodía do citado sábado 21X.

AVISO:

Desde Ferrol, sairán buses, ás 10:30hs, desde as inmediacións da 'Praza 10 de Marzal', no barrio de Recimil, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas.

Prezo do bus (ida e volta): 7 euros.
Reserva de billete e información: 655 544 422 e 657 905 945, ou no correo-e:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com




Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---

venres, 13 de xuño de 2014

NOVO CARTAZ NA REDE PARA O 21X_Illes Balears.



ISMA E MIGUEL POSTOS EN LIBERDADE HOXE

Segundo o equipo de legal estatal das Marchas, sobre as 15 h. de hoxe venres, chegou dos xulgados a nova sobre a POSTA EN LIBERDADE de Miguel e un pouco mais tarde a de Isma.

Esta tarde sobre as 20:00 h, si todos os trámites se desenvolven con normalidade, agardamos queden en LIBERDADE e poidan descansar no seu domicilio.

AS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTAMOS DE NORABOA. Parabens para todas e todos, pero cun especial recoñecemento a todo o equipo de legal, e agora seguimos: 


O sábado 21, as 12 da mañan, todas e todos a Compostela a seguir presionando porque a razón esta connosco.


mércores, 11 de xuño de 2014

Comunicado e cartaz para o 21X da CGT Confederal



https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSdk5SZ1owTHcySnM&usp=sharing


A Asemblea Popular de Gran Canaria nos traslada o acordó acadado en Asemblea o 7 de xuño de cara ao 21 de xuño.

“En Gran Canaria no hay Parlamento, este se encuentra en Tenerife y alli es donde será rodeado por la Coordinadora de Movimientos Sociales-22MTenerife, desde dicha coordinadora ya ha sido enviado dicha convocatoria y ha sido difundida es los canales 22M

“El próximo 21 de junio y desde la Marchas de la Dignidad 22M se rodearán los parlamentos autonómicos de los territorios, con el mismo mensaje que se dio el pasado 22 de marzo en Madrid, ahora el mensaje será llevado a cada parlamento, el Parlamento de Canarias será rodeado por la Coordinadora de Movimientos Sociales-22M de Tenerife.


En Gran Canaria y por petición popular y consenso en la asamblea Popular de Gran Canaria decidimos que, al no haber parlamento en Gran Canaria, y por la imposibilidad de ir tod@s a Tenerife hemos optado por hacer la tercera edición del Parlamento Popular Alternativo.”





Euskadi súmase con cartaz e manifesto a movilización do 21X

Aos xa publicados de Andalucia, Aragón, Asturies, Castela León, Catalunya, Extremadura, Galiza, Madrid, Murcia, Nafarroa, e País Valenciá, unese agora o cartaz de Euskadi.
O día 21 en todos os territorios, comunidades, países e nacións do estado, as marchas da dignidade do 22M imos realizar unha movilización que, de forma coordinada, termine rodeando os parlamentos e as sedes gubernamentáis para reivindicar a esencia de estas institucións que nacen do pobo, son do pobo, e ao pobo deben servir. Non  ao contrario, como están a facer,  dispostas, e serviles, ao dictado dos poderes económicos e financieros e sendo acubillo de gobernos corruptos e represores.




"RODEA O PARLAMENTO" Movilización das Marchas da Dignidade 21 Xuño. RESERVA A TÚA PRAZA EN AUTOBÚS OU TREN PARA A VIAXE A COMPOSTELA.



Liga aquí para descargar o cartaz en pdf.