luns, 26 de maio de 2014

Video de Hispan TV recolledo imaxes da Manifestación en Madrid o 22 de maio en apoio aos dous compañeiros detidos e retidos do 22-M
video

Manifestación en Madrid pedindo a posta en liberdade inmediata de Miguel e Ismael. 
Os dous mozos foron detidos tralas Marchas pola Dignidade, fai dous meses e, 60 días despois, ainda continúan en prisión preventiva.
As Marchas da Dignidade culminaron con disturbios que se saldaron con máis 100 feridos e unha vintena de detidos. Entre eles Miguel e Ismael que a día de hoxe continúan en prisión preventiva baixo os cargos de atentado contra a autoridade, desordes públicas e lesións.
Familiares e amigos, acompañados por centos de persoas, saíron á rúa para pedir a súa posta en liberdade en Madrid do mesmo xeito que fixemos en VIGO e tamén noutros puntos do Estado Español.
Os familiares e compañeiros e compañeiras estamos seguros que manter en prisión, secuestrados, a Isma e Miguel ten un obxectivo claro para este gobernó: Enviar a mensaxe de que a protesta social ten castigo pero nós NON TEMOS MEDO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario