mércores, 28 de maio de 2014

TOD@S A COMPOSTELA! 21X. -"PAN, TRABALLO E TEITO".- RODEA O PARLAMENTO.

Onte no CENTRO SOCIAL DO SAR, en Compostela, mantivemos a xuntanza, previamente convocada, da Plataforma Galega das Marchas da dignidade e entre outros asuntos tratados, en cumplimento do mandato da Asemblea de Teo, acordaronse os pormenores para convocar una MANIFESTACIÓN PARA O 21 DE XUÑO es Compostela do mesmo xeito que se fará, nesa data, no resto de paises, nacións, rexións e comunidades do Estado. 

Esta mañan remitiuse a preceptiva comunciación á subdelegación do Goberno en A Coruña nos seguintes termos:

 “...en base á Lei Orgánica 9/1983, vimos a comunicar a esa Subdelegación do Goberno a celebración dunha MANIFESTACIÓN o sábado día 21 de xuño de 2014, ás 12,00 horas  na cidade de Compostela.

Que dita manifestación terá como lema “PAN, TRABALLO E TEITO”, e ven a demandar dos poderes públicos, novas políticas que resolvan a grave situación que están a vivir amplísimos sectores populares de Galicia. Por iso esiximos o dereito a poder comer, o dereito ó traballo digno e o dereito a unha vivenda. Este chamamento insértase no movemento cidadán das Marchas da Dignidade.

Que a mobilización terá o seguinte percorrido: Sairá como se ten dito ás 12 da mañá da Praza da Estación do Ferrocarril, saíndo da mesma á Avda. de Lugo, continuará pola Rúa do Hórreo, Rua Ramón Piñeiro, volverá á Avda. de Lugo (Carril lateral) e rematará aproximadamente ás 13 horas na Rotonda da Avda. de Lugo (enriba do tunel). O finalizar a manifestación terá lugar un acto cunha intervención coa lectura do Manifesto que motiva este chamamento.”

Faise un chamamento a todas as organización que estamos nas marchas e as persoas individuais para traballar arreo e que, o sábado 21 de xuño, nos xuntemos as 12 da mañán na Praza da Estación do Ferrocarril de Compostela milleiros de galegas e galegos para seguir demandando, esta vez na Galiza,  PAN TRABALLO E TEITO para todas e todos.

TOD@S A COMPOSTELA! 21X 
RODEA O PARLAMENTO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario