xoves, 8 de maio de 2014

PATRAÑA POLICIAL _ Reprodución na web de "LEJOS DEL TIEMPO" (ESPAZO PARA A REFLEXIÓN E A PARTICIPACIÓN ACTIVA) da información sobre os sucesos violentos ocurridos no 22M, que fora emitida en RT noticias


España: Un sindicato policial admite mentir sobre a Marcha da Dignidade

A Confederación Española de Policía (CEP) mentiu sobre a Marcha da Dignidade contra os recortes do pasado 22 de marzo en Madrid, segundo admitiu o portavoz deste sindicato policial, Antonio Labrado, ante o diario El País.

A protesta á que acudiron miles de persoas acabou con enfrontamentos entre algúns manifestantes e os axentes da Policía e saldouse con 24 detidos. Trala data, Labrado saíu en varios programas de televisión falando sobre os incidentes do 22M e mostrando fotos de supostos obxectos utilizados por quen participaron nos choques. Agora resulta que dúas destas imaxes, unha dunha "muleta-espada" e outra na que se exhiben tirabalas con bólas metálicas, son un bulo.

A foto da muleta é dun día antes da Marcha da Dignidade en Madrid e fora mostrada nunha noticia de Europa Press que falaba sobre unha persoa que intentaba entrar nos xulgados madrileños de Praza de Castilla con esta arma. A segunda imaxe foi publicada polo diario El Mundo o 27de abril de 2013 como un dos obxectos intervidos pola Policía durante o Asedio al Congreso, unha convocatoria pouco apoiada que pretendía asediar o Congreso dos Deputados, a Cámara baixa do Parlamento español.

Publicado en Lejos del Tiempo| 03.05.2014

***

Ningún comentario:

Publicar un comentario