luns, 26 de maio de 2014

CONVOCATORIA DA COMISIÓN COORDINADORA DA
PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

En base ás propostas e suxerencias habidas das distintas zonas e colectivos, vimos a convocar a PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, para o vindeiro MARTES, 27 de maio ás 17 HORAS no CENTRO SOCIAL DO SAR (Rúa Curros Enríquez, 28).

Como noutras ocasións suxerimos a asistencia puntual de dous/duas  representantes por colectivo en aras da axilidade da xuntanza, tendo en conta ademáis que ás 19 horas temos que deixar o local.

 Propomos como orde do día o seguinte:
- Rodea o Parlamento, día 21 de xuño.
- Marcha a Compostela para o outono
- Cuestión financiera da Columna Galega.


Agradecemos o renvío desta convocatoria a calquera colectivo que estea integrado na columna galega e que vexades que non fora convocado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario