luns, 19 de maio de 2014

Convocada a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - No Ateneo Ferrolán o luns 19 de maio, ás 6 da tarde

VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Ola compañeir@s:

Tras a reunión do grupo de traballo mantida o pasado día 5, decidimos convocar a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra para o próximo día 19 luns, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán. Para que a asemblea se desenvolva dun modo áxil, propoño que as quendas de palabra sexan de 3-4 minutos e que se cingan ao punto que se está a tratar, xa que a maioría das persoas que participamos nas Marchas estamos tamén a participar na campaña electoral das eleccións europeas.
A orde do día, tamén vai en arquivo docx., é a seguinte:

ORDE DO DÍA VII ASEMBLEADAS  MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

1.- Elección de moderador/a.

2.- Presentación e debate do aprobado na I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade:

  • Acción "Rodea o Parlamento Galego". En coordinación cos demais territorios do Estado, levarase a cabo esta acción o día 21 de xuño, sábado, ás 12 do mediodía. Consistirá en rodear o Parlamento formando unha cadea humana.
  • Facer unha manifestación en Outono que sexa réplica da de Madrid, pero nos territorios. No caso de Galicia será en Santiago, con saídas de “columnas” de diversos puntos do país e chegada ó Obradoiro. Na Plataforma Estatal propoñen en outubro, entre o 20 e o 25. A plataforma Galega propón o 22 de novembro, polo feito de ter máis tempo xa que no verán, e en setembro, non son boas datas para mobilizar. A proposta levarase á Plataforma Estatal, que terá a próxima xuntanza no mes de xuño.
  • Apoiar aos detidos o 22M e os actos que se fagan no seu apoio.
  • Manter a coordinadora nacional creada para o I Asemblea Nacional. Actualmente está composta por 7 persoas, unha por cada cidade. Pode unirse a ela quen estime oportuno.
  • Creación dunha conta mancomunada por tres persoas (unha da C.G.T., outra do Sindicato Ferroviario e outra da Fronte Cívica Somos Maioría de Coruña) na entidade Caixa Rural. Esta conta abrirase co recadado na asemblea celebrada en Teo.
3.-  Presentación e debate doutras propostas presentadas en devandita asemblea:
  • Engadir ao lema "Pan, traballo e teito" a palabra "Paz".
  • Facer fincapé no tema da débeda.
  • Promover as asembleas locais e comarcais e que as propostas sexan aprobadas de abaixo arriba.
  • Vertebrar a Plataforma Galega e facer que teña unha mínima estrutura organizada.
  • Promover o cooperativismo.
  • Convocar unha folga xeral indefinida.
4.- Aprobación de orzamento para a compra de consumibles para a fabricación de chapas. Hai dous orzamentos: un para 500 chapas (70 Euros) e outro para 1000 (113,7 Euros).

5.- Cambio no nome de dirección de correo electrónico por outro que nos identifique como Marchas da Dignidade e elección da persoa ou persoas que se encarguen de manter dita conta de correo.

6.- Propostas e debate sobre que son e o que queren ser as Marchas de Ferrolterra.

7.- Quenda de palabra aberta.

--

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Anexo.-
Orde do día en formato doc (Acceder | Baixar).
---

Ningún comentario:

Publicar un comentario