luns, 26 de maio de 2014

CONCENTRACIÓN 22 MAIO_VIGO


                                  Concentración en Vigo esixindo a liberdade de Isma e Miguel, 
                   detidos o 22M
Dous meses despois de que millóns de persoas tomaran Madrid, nas Marchas da Dignidade, dous dos detidos aquil día, Isma e Miguel, seguen en prisión provisional, a espera de xuízo. Un estado que non ofrece nin pan nin traballo soamente da teito a algúns dos que protestan: no cárcere. Alí están Isma e Miguel acusados de participaren na manifestación que rematou con cargas en Colón. Tocoulles a iles, como lles puido tocar a calqueira dos manifestantes que, de forma pacífica, reclamaban o que é xusto. A intervención dos antidisturbios, reventando a manifestación desencadenou uns disturbios aireados na televisión e nos mass media, vendendo ós participantes case como terroristas.
Hoxe recórdase o que entón se pedía: pan, teito e traballo, e engádese a petición de liberdade para os detidos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario