martes, 20 de maio de 2014

Cando xa cumplen 60 días de cadea, o 22M, nas rúas plazas e vilas galegas imos reclamar....

Miguel e Isma LIBERDADE !!!
ESTE XOVES (22M) ÁS 20 HS. CONCENTRACIÓNS NA GALIZA 
EN APOIO ÓS DETIDOS DO 22M

Dende a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade chamamos a toda a cidadanía, este xoves día 22 de maio, (22M), a participar ás 20 horas nas concentracions que serán convocadas nas distintas vilas e ciudades galegas en apoio de ISMA E MIGUEL., os dous mozos detidos o pasado 22 de marzo en Madrid aos que o estado segue a manter como refens na cadea de Alcalá Meco.
Van alá xa dous meses!!!. Sesenta días na cadea, cal é o seu crime?. Camiñar connosco, e canda nós, reivindicando políticas sociais a prol das persoas máis desfavorecidas?, Amosar connosco, e canda nós, a súa indignación e raiba contra as políticas de estos gobernos que nos matan?. Berrar connosco e canda nós, Que se vaian xa!.
NON   A   REPRESIÓN   DO   ESTADO !!!   MIGUEL E ISMA, LIBERDADE!!!
Tamén dende a Coordinadora Estatal das Marchas da Dignidade, se fai un chamamento á  participación, a nivel estatal, e está convocada una grande manifestación en Madrid que tomará de novo as rúas, esta vez, dende Jacinto Benavente a Sol.
O réxime non parou na súa obsesión por criminalizar o 22M. Primeiro intentou que as Marchas non foran unha realidade agochou a multitudinaria participación, utilizando o decreto do silencio e o apagón informativo. Logo, puxo en marcha a actividade nos sumidoiros do estado para criminalizar a protesta masiva. A última fazaña do réxime borbónico é a utilización como reféns aos dos dous xóvenes detidos. É obvio que lles son útiles, serán utilizados cando a nivel mediático lles sexa rentable, e os xuices e carceleiros prestaranse tamén para iso.
DE NINGÚN XEITO PODEMOS  SER COMPLICES CO NOSO SILENCIO.,
ACUDAMOS TODAS E TODOS AS CONCENTRACIONS CONVOCADAS
NAS NOSAS VILAS.

En Vigo a CONCENTRACIÓN formalmente comunicada a Subdelegación do Goberno será as 20:00h. fronte ao MARCO . Velaí o cartaz.


Ningún comentario:

Publicar un comentario