sábado, 3 de maio de 2014

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ITINERANTE SOBRE A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE



Dende o 25 de abril, a data senlleira da Revolución dos Cravos en Portugal, e ate o 18 de maio, estará aberta ao público, no bar "Fonte do Galo" en Cangas, a exposición fotográfica sobre a Columna Galega das Marchas da Dignidade do 22M

O éxito da mostra, iniciativa dos fotógrafos: Sonia Daponte, Miguel Núñez e Xabi Castro, é evidente.

Ate hoxe máis de catrocentas persoas teñen visitado a exposición na rúa Fonte do Galo nº 7, na localidade do Morrazo.

A expo está dispoñible para visitar os distintos puntos de Galicia, despois de Cangas estará exposta no Centro Social Bou Eva de Vigo, e estará accesible, no sucesivo, para calquera lugar que o solicite.

Esto non fixo máis que empezar seguimos difundindo e socializando o obxectivo que nos marcamoscas Marchas

Adiante as Marchas da Dignidade!!!

***

Ningún comentario:

Publicar un comentario