sábado, 31 de maio de 2014
mércores, 28 de maio de 2014
TOD@S A COMPOSTELA! 21X. -"PAN, TRABALLO E TEITO".- RODEA O PARLAMENTO.
Onte no CENTRO SOCIAL DO SAR, en Compostela,
mantivemos a xuntanza, previamente convocada, da Plataforma Galega das Marchas
da dignidade e entre outros asuntos tratados, en cumplimento do mandato da Asemblea de Teo, acordaronse os pormenores para convocar una MANIFESTACIÓN
PARA O 21 DE XUÑO es Compostela do mesmo xeito que se fará, nesa data, no resto de paises, nacións, rexións e comunidades do Estado.
Esta mañan remitiuse a preceptiva comunciación á subdelegación
do Goberno en A Coruña nos seguintes termos:
“...en base á Lei Orgánica
9/1983, vimos a comunicar a esa Subdelegación do Goberno a celebración dunha
MANIFESTACIÓN o sábado día 21 de xuño
de 2014, ás 12,00 horas na
cidade de Compostela.
Que
dita manifestación terá como lema “PAN, TRABALLO E TEITO”, e ven a demandar dos
poderes públicos, novas políticas que resolvan a grave situación que están a
vivir amplísimos sectores populares de Galicia. Por iso esiximos o dereito a
poder comer, o dereito ó traballo digno e o dereito a unha vivenda. Este
chamamento insértase no movemento cidadán das Marchas da Dignidade.
Que
a mobilización terá o seguinte percorrido: Sairá como se ten dito ás 12 da mañá
da Praza da Estación do Ferrocarril,
saíndo da mesma á Avda. de Lugo,
continuará pola Rúa do Hórreo, Rua Ramón Piñeiro, volverá á Avda. de Lugo (Carril lateral) e
rematará aproximadamente ás 13 horas na Rotonda
da Avda. de Lugo (enriba do tunel). O finalizar a manifestación terá
lugar un acto cunha intervención coa lectura do Manifesto que motiva este
chamamento.”
Faise un chamamento a todas as organización que
estamos nas marchas e as persoas individuais para traballar arreo e que, o
sábado 21 de xuño, nos xuntemos as 12 da mañán na Praza da Estación do
Ferrocarril de Compostela milleiros de galegas e galegos para seguir
demandando, esta vez na Galiza, PAN
TRABALLO E TEITO para todas e todos.
TOD@S A COMPOSTELA!
21X
RODEA O PARLAMENTO.
martes, 27 de maio de 2014
Manifestación en Madrid pola posta en liberdade dos dous detidos na operación "Puma 70"
tras dous meses de cautiverio, refens do réxime, Isma e miguel, en prisión preventiva pola su
presunta participación nos disturbios do 22M en Madrid.
podes ver esta noticia en: http://www.periodismodigno.org/manife...
www.periodismodigno.org
pdtv@periodismodigno.org
redaccion@periodismodigno.org
luns, 26 de maio de 2014
Video de Hispan TV recolledo imaxes da Manifestación
en Madrid o 22 de maio en apoio aos dous compañeiros detidos e retidos do 22-M
Manifestación en Madrid pedindo a posta en liberdade
inmediata de Miguel e Ismael.
Os dous mozos foron detidos tralas Marchas pola
Dignidade, fai dous meses e, 60 días despois, ainda continúan en prisión
preventiva.
As Marchas da Dignidade
culminaron con disturbios que se saldaron con máis 100 feridos e unha vintena
de detidos. Entre eles Miguel e Ismael que a día de hoxe continúan en prisión
preventiva baixo os cargos de atentado contra a autoridade, desordes públicas e
lesións.
Familiares e amigos,
acompañados por centos de persoas, saíron á rúa para pedir a súa posta en
liberdade en Madrid do mesmo xeito que fixemos en VIGO e tamén noutros puntos
do Estado Español.
Os familiares e compañeiros e
compañeiras estamos seguros que manter en prisión, secuestrados,
a Isma e Miguel ten un obxectivo claro para este gobernó: Enviar a mensaxe de
que a protesta social ten castigo pero nós NON TEMOS MEDO.
PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE
En base ás propostas
e suxerencias habidas das distintas zonas e colectivos, vimos a convocar a
PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, para o vindeiro MARTES, 27 de maio ás 17 HORAS no CENTRO SOCIAL DO SAR (Rúa Curros Enríquez, 28).
Como noutras ocasións suxerimos a asistencia
puntual de dous/duas representantes por colectivo en aras da axilidade da
xuntanza, tendo en conta ademáis que ás 19 horas temos que deixar o local.
Propomos como orde do día o seguinte:
-
Rodea o Parlamento, día 21 de xuño.
- Marcha a Compostela para o outono
-
Cuestión financiera da Columna Galega.
Agradecemos o renvío desta convocatoria a
calquera colectivo que estea integrado na columna galega e que vexades que non
fora convocado.
CONCENTRACIÓN 22 MAIO_VIGO
Dous meses
despois de que millóns de persoas tomaran Madrid, nas Marchas da Dignidade,
dous dos detidos aquil día, Isma e Miguel, seguen en prisión provisional, a
espera de xuízo. Un estado que non ofrece nin pan
nin traballo soamente da teito a algúns dos que protestan: no cárcere. Alí
están Isma e Miguel acusados de participaren na manifestación que rematou con
cargas en Colón. Tocoulles a iles, como lles puido tocar a calqueira dos
manifestantes que, de forma pacífica, reclamaban o que é xusto. A intervención
dos antidisturbios, reventando a manifestación desencadenou uns disturbios
aireados na televisión e nos mass media, vendendo ós participantes case como
terroristas.
Hoxe recórdase o que entón se
pedía: pan, teito e traballo, e engádese a petición de liberdade para os
detidos.
martes, 20 de maio de 2014
Cando xa cumplen 60 días de cadea, o 22M, nas rúas plazas e vilas galegas imos reclamar....
Miguel e
Isma LIBERDADE !!!
ESTE XOVES
(22M) ÁS 20 HS. CONCENTRACIÓNS NA GALIZA
EN APOIO ÓS DETIDOS DO 22M
Van alá xa dous meses!!!. Sesenta días na cadea, cal é
o seu crime?. Camiñar connosco, e canda nós, reivindicando políticas sociais a
prol das persoas máis desfavorecidas?, Amosar connosco, e canda nós, a súa
indignación e raiba contra as políticas de estos gobernos que nos matan?.
Berrar connosco e canda nós, Que se vaian xa!.
NON A REPRESIÓN DO ESTADO
!!! MIGUEL E ISMA, LIBERDADE!!!
Tamén dende a Coordinadora Estatal das Marchas da
Dignidade, se fai un chamamento á participación, a nivel estatal, e está
convocada una grande manifestación en Madrid que tomará de novo as rúas, esta
vez, dende Jacinto Benavente a Sol.
O réxime non parou na súa obsesión por criminalizar o
22M. Primeiro intentou que as Marchas non foran unha realidade agochou a multitudinaria
participación, utilizando o decreto do silencio e o apagón informativo. Logo,
puxo en marcha a actividade nos sumidoiros do estado para criminalizar a
protesta masiva. A última fazaña do réxime borbónico é a utilización como
reféns aos dos dous xóvenes detidos. É obvio que lles son útiles, serán
utilizados cando a nivel mediático lles sexa rentable, e os xuices e
carceleiros prestaranse tamén para iso.
DE NINGÚN XEITO PODEMOS SER COMPLICES CO NOSO SILENCIO.,
ACUDAMOS TODAS E TODOS AS CONCENTRACIONS CONVOCADAS
NAS NOSAS VILAS.
En Vigo a CONCENTRACIÓN formalmente comunicada a Subdelegación do Goberno será as 20:00h. fronte ao MARCO . Velaí o cartaz.
luns, 19 de maio de 2014
Miguel e Isma Liberdade !! - O 22-M os pasos de Isma e de Miguel foron os nosos pasos, os seus berros reivindicativos eran os nosos, a súa indignación e raiba ante tanta inxustiza foi a nosa, a de centos de miles que compartimos esa xornada de loita
http://youtu.be/aNAP8FOk_bU
Publicado o 12/5/2014
IMPORTANTE NOTA RECTIFICADORA:
" Isma foi detido o 4 de abril, na operación denominada "Puma 70" coa finalidade de deter, imputar, amedrentar e criminalizar ao máximo número de persoas posible #cazadebrujas?." achega de Asociación Cultural Loquesomos
"O 22-M os pasos de Isma e de Miguel foron ao unísono dos nosos pasos, os seus gritos reivindicativos formaron un coro xunto aos nosos, a súa indignación e raiba ante tanta inxustiza foi o menú común dos centos de miles que compartimos esa xornada. Con todo, pasado algo máis dun mes de estar presos, a solidariedade cara a eles é menor do desexado. a estratexia do aparello represivo e do de propaganda do estado parece ir gañando a partida, a proximidade do proceso electoral fai que algúns partidos ou coalicións aos que tanto se lles encho a boca de facer soflamas apoiando as marchas da dignidade e que esperan con iso sacar intratabilidade en nº de votos, fáiselles a boca pequena, encolléndoselles cada vez máis para pedir a liberdade destes dous compañeiros, calquera relación coa violencia, aínda que sexa falsa, terxiversada ou lexitima, ao parecer resta votos, como me comentou o outro día un compañeiro, parece que as papeletas da lealdade, a Solidariedade e a verdade, non computan como votos válidos.
A loita pola liberdade destes dous compañeiros, vai intrínsecamente ligada á loita polas reivindicacións das marchas, a vitoria ou derrota de ambas van inexcusablemente ligadas.
A solidariedade non ten siglas, salgamos deste aletargamiento, estamos a tempo de unirnos para revitalizar e orquestar a nivel estatal unha gran campaña a favor da liberdade dos presos e a absolución de todxs lxs encausadxs do 22M." (por Gavroche)
http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/29593
Conta unitaria para ingresos:
IBAN: É 93 0049 2680 4522 9417 9928
Correo electrónico:
plataformalibertadisma@gmail.com
miguellibertad@lists.rienp.net
Web:
plataformalibertadisma.wordpress.com
Twitter:
#Isma22MLibertad
#Miguel22MLibertad
Facebook:
Plataforma pola Liberdade de Isma
---
Convocada a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - No Ateneo Ferrolán o luns 19 de maio, ás 6 da tarde
VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Ola compañeir@s:
Tras a reunión do grupo de traballo mantida o pasado día 5, decidimos convocar a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra para o próximo día 19 luns, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán. Para que a asemblea se desenvolva dun modo áxil, propoño que as quendas de palabra sexan de 3-4 minutos e que se cingan ao punto que se está a tratar, xa que a maioría das persoas que participamos nas Marchas estamos tamén a participar na campaña electoral das eleccións europeas.
A orde do día, tamén vai en arquivo docx., é a seguinte:
ORDE DO DÍA VII ASEMBLEADAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA
1.- Elección de moderador/a.
2.- Presentación e debate do aprobado na I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade:
5.- Cambio no nome de dirección de correo electrónico por outro que nos identifique como Marchas da Dignidade e elección da persoa ou persoas que se encarguen de manter dita conta de correo.
6.- Propostas e debate sobre que son e o que queren ser as Marchas de Ferrolterra.
7.- Quenda de palabra aberta.
--
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
Anexo.-
Orde do día en formato doc (Acceder | Baixar).
---
Ola compañeir@s:
Tras a reunión do grupo de traballo mantida o pasado día 5, decidimos convocar a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra para o próximo día 19 luns, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán. Para que a asemblea se desenvolva dun modo áxil, propoño que as quendas de palabra sexan de 3-4 minutos e que se cingan ao punto que se está a tratar, xa que a maioría das persoas que participamos nas Marchas estamos tamén a participar na campaña electoral das eleccións europeas.
A orde do día, tamén vai en arquivo docx., é a seguinte:
ORDE DO DÍA VII ASEMBLEADAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA
1.- Elección de moderador/a.
2.- Presentación e debate do aprobado na I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade:
- Acción "Rodea o Parlamento Galego". En coordinación cos demais territorios do Estado, levarase a cabo esta acción o día 21 de xuño, sábado, ás 12 do mediodía. Consistirá en rodear o Parlamento formando unha cadea humana.
- Facer unha manifestación en Outono que sexa réplica da de Madrid, pero nos territorios. No caso de Galicia será en Santiago, con saídas de “columnas” de diversos puntos do país e chegada ó Obradoiro. Na Plataforma Estatal propoñen en outubro, entre o 20 e o 25. A plataforma Galega propón o 22 de novembro, polo feito de ter máis tempo xa que no verán, e en setembro, non son boas datas para mobilizar. A proposta levarase á Plataforma Estatal, que terá a próxima xuntanza no mes de xuño.
- Apoiar aos detidos o 22M e os actos que se fagan no seu apoio.
- Manter a coordinadora nacional creada para o I Asemblea Nacional. Actualmente está composta por 7 persoas, unha por cada cidade. Pode unirse a ela quen estime oportuno.
- Creación dunha conta mancomunada por tres persoas (unha da C.G.T., outra do Sindicato Ferroviario e outra da Fronte Cívica Somos Maioría de Coruña) na entidade Caixa Rural. Esta conta abrirase co recadado na asemblea celebrada en Teo.
- Engadir ao lema "Pan, traballo e teito" a palabra "Paz".
- Facer fincapé no tema da débeda.
- Promover as asembleas locais e comarcais e que as propostas sexan aprobadas de abaixo arriba.
- Vertebrar a Plataforma Galega e facer que teña unha mínima estrutura organizada.
- Promover o cooperativismo.
- Convocar unha folga xeral indefinida.
5.- Cambio no nome de dirección de correo electrónico por outro que nos identifique como Marchas da Dignidade e elección da persoa ou persoas que se encarguen de manter dita conta de correo.
6.- Propostas e debate sobre que son e o que queren ser as Marchas de Ferrolterra.
7.- Quenda de palabra aberta.
--
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
Anexo.-
Orde do día en formato doc (Acceder | Baixar).
---
xoves, 8 de maio de 2014
PATRAÑA POLICIAL _ Reprodución na web de "LEJOS DEL TIEMPO" (ESPAZO PARA A REFLEXIÓN E A PARTICIPACIÓN ACTIVA) da información sobre os sucesos violentos ocurridos no 22M, que fora emitida en RT noticias
A Confederación Española de Policía (CEP) mentiu sobre a Marcha da Dignidade contra os recortes do pasado 22 de marzo en Madrid, segundo admitiu o portavoz deste sindicato policial, Antonio Labrado, ante o diario El País.
A protesta á que acudiron miles de persoas acabou con enfrontamentos entre algúns manifestantes e os axentes da Policía e saldouse con 24 detidos. Trala data, Labrado saíu en varios programas de televisión falando sobre os incidentes do 22M e mostrando fotos de supostos obxectos utilizados por quen participaron nos choques. Agora resulta que dúas destas imaxes, unha dunha "muleta-espada" e outra na que se exhiben tirabalas con bólas metálicas, son un bulo.
A foto da muleta é dun día antes da Marcha da Dignidade en Madrid e fora mostrada nunha noticia de Europa Press que falaba sobre unha persoa que intentaba entrar nos xulgados madrileños de Praza de Castilla con esta arma. A segunda imaxe foi publicada polo diario El Mundo o 27de abril de 2013 como un dos obxectos intervidos pola Policía durante o Asedio al Congreso, unha convocatoria pouco apoiada que pretendía asediar o Congreso dos Deputados, a Cámara baixa do Parlamento español.
Publicado en Lejos del Tiempo| 03.05.2014
***
sábado, 3 de maio de 2014
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ITINERANTE SOBRE A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE
Dende
o 25 de abril, a data senlleira da Revolución dos Cravos en Portugal, e ate o
18 de maio, estará aberta ao público, no bar "Fonte do Galo" en
Cangas, a exposición fotográfica sobre a Columna Galega das Marchas da
Dignidade do 22M
O
éxito da mostra, iniciativa dos fotógrafos: Sonia Daponte, Miguel Núñez e Xabi
Castro, é evidente.
Ate
hoxe máis de catrocentas persoas teñen visitado a exposición na rúa Fonte do
Galo nº 7, na localidade do Morrazo.
A
expo está dispoñible para visitar os distintos puntos de Galicia, despois de
Cangas estará exposta no Centro Social Bou Eva de Vigo, e estará accesible, no
sucesivo, para calquera lugar que o solicite.
Esto
non fixo máis que empezar seguimos difundindo e socializando o obxectivo que
nos marcamoscas Marchas
Adiante as
Marchas da Dignidade!!!
xoves, 1 de maio de 2014
Este 1º de Maio nas manifestacións Obreiras e despois 'Rodea o Concello'
1 de maio.- Aínda que non foi posible este ano unha convocatoria que unise á clase obreira e aos dirixentes sindicais nunha soa manifestación, nunha soa voz, contra as directrices da Troica (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional), facemos un chamamento á participación nas diferentes manifestacións que recorrerán as rúas de Ferrol.
Despois das Manifestacións Obreiras, cidás e cidadáns indignados convocan 'Rodea o Concello'. "Este 1º de Maio na nosa cidade, coma no resto do planeta, transcorrerán manifestacións para defender os dereitos das traballadoras e os traballadores, no 'Día do Internacionalismo Proletario'. Pero na nosa comarca este 1º de Maio ten que ser de loita e vixilia ante a emerxencia social que estamos a vivir. É por iso que un grupo de cidad@s activos na defensa de Ferrolterra, convocamos a toda a cidadanía a participar nestas manifestacións, e inmediatamente despois, de 13 a 22hs, RODEAR O CONCELLO, ... [>>> Ler máis]
Seguiremos marchando ...
« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
---
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)