martes, 15 de abril de 2014

XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA POLA DIGNIDADE EN COMPOSTELA O 8 DE ABRIL. VALORACION DAS MARCHAS SOBRE MADRID E PROPOSTAS DE CONTINUIDADE

O pasado dia 8 de abril nos xuntamos na Gentalha de Pichel, en Compostela, mais de 30 organizacións sociais, políticas e sindicais con motivo de valorar o traballo realizado pola plataforma galega para a marcha do dia 22M, plantexando darlle continuidade ao movemento que reclama pan, traballo e teito para todas e todos.  

Valorase moi positivamente a participación galega nas marchas do 22M e a nosa presenza en Madrid con un PLANTEXAMENTO UNANIME DE DARLLE CONTINUIDADE AO MOVEMENTO CREADO.
Se fan propostas de cara a descentralizar o movemente e enraízalo nas comarcas de cara a consolidalo. Cantas máis plataformas xurdan moito mellor. A necesidade da unidade, coa súa proxección plural, horizontal e participativa precisa disto, pero non se nega a necesidade de que xurdan propostas sólidas e razoadas e que "alguén" terá que facelas, defendelas e persuadir sobre a súa aceptación o que requerirá ORGANIZACION E DEBATE. Asi se fan unhas cantas propostas, neste plano, que se plantexan para discutir e acordar nunha ASEMBLEA NACIONAL  a convocar a maior brevedade, prefereiblemente, despois da xuntanza da coordinadora estatal da marchas que terá lugar os días 11 e 12 de abril en Barcelona na que se fará valoración das marchas do 22M e da que sairan novas propostas de accions a nivel estatal.

 POR UNANIMIDADE SE  ACADAN, entre outros, OS SEGUINTES ACORDOS:

·          Celebrar unha Asemblea Nacional da Columna Galega, o sábado 26 de abril, ás 10 damañá na Casa Común de Oza (Teo). O Aforo e para unhas cincocentas persoas.  Despois da asemblea 14:00h. haberá un xantar popular. Noméase unha Comisión Nacional de coordinación para organizar o evento. Facilitarase o transporte en autobús
·       Propoñer a creación de unha Conta Nacional para dotar á Plataforma Galega dunha mínima autonomía financiera.
·      Nomear por unanimidade representante de Galicia na coordinación estatal das Marchas a X.Carlos Costoya do SF-Intersindical que asistirá xunto con Manolo Camaño da CUT a xuntanza de Barcelona.
·       Revitalizar o blogue das Marchas, (xa sobrepasou as 20.000 visitas, o cal reflicte o seguimento acadado,) e atendendo a realidade actual das redes sociais se proporá abrir conta en facebook e valorar twitter, ademais da creacion de grupos información e de traballo a traves de telegram ou wathsap.

Ningún comentario:

Publicar un comentario