luns, 21 de abril de 2014

CHAMAMENTO DA PLATAFORMA DA DIGNIDADE DENDE PONTEVEDRA CIDADE

A/a:        Á ORGANIZACIÓNS E ENTIDADES SINDICAIS, SOCIAIS, POLÍTICAS, COLECTIVOS E PERSOAS  INTERESADAS, DE PONTEVEDRA

As organizacións, colectivos sociais e persoas que formamos a Plataforma Galega da Dignidade en Pontevedra, organizadoras do Tren e autobús da Dignidade do 22 de Marzo, facemos un chamamento á veciñanza da cidade de Pontevedra e contorna a participaren nunha nova Xuntanza que terá lugar, o vindeiro luns, 21 de abril, as 20.00h, no salón de actos do Edificio sindical, na rúa Pasantería, 1.
            Despois da impresionante movilización de centos de miles de persoas na Marcha de la Dignidad, celebrada o pasado 22 de Marzo, en Madrid, na que asistimos dende Galicia nos Trens e Autobuses da Dignidade, as organizacións e colectivos sociais integrantes da Plataforma Galega da Dignidade decidíu a continuidade da movilización social, en converxencia con todas as protestas que se dan en todo o estado, para esixir o fin dos recortes nos servizos públicos e en dereitos sociais, laborais e o expolio á clase traballadora que está a impor o actual réxime que está a gobernar en contra do pobo.

            Mobilizámonos por dignidade e porque estamos convencidas e convencidos de que a loita e a mobilización son o único camiño para deter a agresión que estamos a sufrir. Por istas razóns reiteramos o chamamento a todas as organizacións, grupos sociais reivindicativos e persoas de Pontevedra a participar e incorporarse neste movemento a prol da Dignidade colectiva, como un paso máis para organizarmos contra o roubo perpetuado polas élites

Ningún comentario:

Publicar un comentario