luns, 28 de abril de 2014

30 DE ABRIL EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO, CONCENTRACIONS DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO. "QUEREMOS TRABALLAR E NON MENDIGAR"


A Asemblea Nacional Galega das marchas da dignidade acordou na xuntanza de Teo, entre outras cuestions, convocar, na víspera do primeiro de maio, unha xornada de loita contra a precaridade laboral e a insoportable situación que estamos a vivir en Galiza, e en todo o estado, con tasas de desemprego intolerables.

Traslademoslle aos gobernos, unha vez máis, que PAN TRABALLO E TEITO son dereitos irrenunciables para o ser humano.

O NIVEL DE DESEMPREGO É A PRECARIDADE LABORAL, QUE SE NOS IMPÓN HOXE, É INSOSTIBLE. EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO,POR ISO, O DÍA 30, VISPERA DO DA FESTA DO TRABALLO, TEMOS QUE FACER QUE SE VISUALICE DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO O QUE RECLAMAMOS, QUE NON É OUTRA COUSA QUE EMPREGO DIGNO E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS"

Adxuntamos o cartaz de Vigo co que convocamos a todos e todas a participar: Desempregados e desempregadas, Xubiladas e xubiladaos, xuventude e todas e todos os que podamos sumar,  a concentrarnos diante da Dirección Provincial do Inem, na rúa Cánoval del Castillo 18, ás 12 da mañán.

***

Ningún comentario:

Publicar un comentario