mércores, 30 de abril de 2014

A Asemblea Naciona das Marchas celebrada en Teo nos informativos da Sexta a nivel estatal

Emisión en "La Sexta - Noticias",  no telexornal do domingo, 27  de abril, ao mediodía. Información e entrevistas da Asemblea Nacional Galega das Marchas da Dignidade que tivemos o sábado na Casa Común de Oza en Teo

http://www.lasexta.com/videos-online/noticias/nacional/gallegos-que-participaron-marcha-22m-condenan-actos-%E2%80%98resistencia-galega%E2%80%99_2014042700030.html

***

XORNADA DE LOITA GALEGA ANTE AS OFICINAS DE EMPREGO PARTICIPANDODA MOVILIZACIÓN ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE PERANTE AS OFICINAS DE EMPREGO PARA O 30 DE NOVEMBRO


LIGAZÓN ÁS FOTOS DAS CONCENTRACIONS QUE SIMULTANEAMENTE SE FIXERON ESTA MAÑAN NA GALIZA COINCIDINDO CA CONVOCATORIA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE A NIVEL ESTATAL. Concentracions en: COMPOSTELA, A CORUÑA, OURENSE E VIGO.



Video concentración INEM VIGO
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=YKMMgWXmOFQ

video concentración Oficina de Emprego en A Coruña
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=GfU_Rr8qSQc

luns, 28 de abril de 2014

30 DE ABRIL EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO, CONCENTRACIONS DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO. "QUEREMOS TRABALLAR E NON MENDIGAR"


A Asemblea Nacional Galega das marchas da dignidade acordou na xuntanza de Teo, entre outras cuestions, convocar, na víspera do primeiro de maio, unha xornada de loita contra a precaridade laboral e a insoportable situación que estamos a vivir en Galiza, e en todo o estado, con tasas de desemprego intolerables.

Traslademoslle aos gobernos, unha vez máis, que PAN TRABALLO E TEITO son dereitos irrenunciables para o ser humano.

O NIVEL DE DESEMPREGO É A PRECARIDADE LABORAL, QUE SE NOS IMPÓN HOXE, É INSOSTIBLE. EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO,POR ISO, O DÍA 30, VISPERA DO DA FESTA DO TRABALLO, TEMOS QUE FACER QUE SE VISUALICE DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO O QUE RECLAMAMOS, QUE NON É OUTRA COUSA QUE EMPREGO DIGNO E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS"

Adxuntamos o cartaz de Vigo co que convocamos a todos e todas a participar: Desempregados e desempregadas, Xubiladas e xubiladaos, xuventude e todas e todos os que podamos sumar,  a concentrarnos diante da Dirección Provincial do Inem, na rúa Cánoval del Castillo 18, ás 12 da mañán.

***

ASEMBLEA NACIONAL COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE CELEBRADA O 26 de abril de 2014 NA CASA COMUN DE OZA EN TEO


ALBUM FOTOS DA ASEMBLEA
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=873500139331966&set=a.873500072665306.1073741832.100000159656400&type=3&theater


ALBUM FOTOS DO XANTAR POPULAR
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=873508019331178&set=a.873507935997853.1073741833.100000159656400&type=1&theater


OS MEDIOS PUBLICAN....
http://www.europapress.es/nacional/noticia-22m-rodeara-parlamento-gallego-21-junio-hara-otono-marchas-dignidad-confluiran-santiago-20140426202237.html

http://praza.com/movementos-sociais/7035/o-22m-rodeara-o-parlamento-galego-o-vindeiro-21-de-xuno/

http://www.lasexta.com/noticias/nacional/gallegos-que-participaron-marcha-22m-condenan-actos-%E2%80%98resistencia-galega%E2%80%99_2014042700051.html

venres, 25 de abril de 2014

ASEMBLEA NACIONAL GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE_Casa Común de Oza en Teo , o sábado 26 de abril as 10:00h. COMUNICADO DO SINDICATO FERROVIARIO DA CONFEDERACION INTERSINDICAL DE PONTEVEDRA







Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade en Teo (Casa Común de Oza)


O 22M galego colle músculo

“O 22M non acaba aquí; isto só é o comezo”. O activismo galego presente na exitosa mobilización das Marchas da Dignidade do pasado 22 de marzo advertía xa de que a masiva protesta supoñía tan só o inicio dun "gran salto" que debera rematar no cambio de réxime e nun novo proceso constituínte no Estado. Agora, a Columna Galega que se sumou con forza a aquela manifestación prepárase para "muscular e consolidar" o movemento e dará outro paso máis nese camiño cunha asemblea nacional aberta na que se prevé representación de máis de trinta colectivos, sindicatos ou organizacións o vindeiro sábado 26 en Teo.
    A Columna Galega do 22M celebra unha asemblea nacional este sábado en Teo desde as 10 da mañá
Será na Casa Común de Oza a partir das dez da mañá e ata alí chegarán xentes de toda Galicia -moitas nos autobuses que se fletan desde diversas vilas e cidades- para unha asemblea que "pretende ser coherente co que xa deseñabamos hai catro meses: o 22M para nada ía ser un fin, senón o inicio". Así o explica Manuel Camaño, secretario xeral da CUT, un dos sindicatos "alternativos" que impulsou a Columna Galega que contou tamén co apoio de CGT, Sindicato Ferroviario, Sindicato da Elevación, SLG, STEG, Anova, FPG, Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista, así como de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas. Ademais, algún colectivo social uniuse nas últimas semanas a un movemento que pretende ir máis aló.

"O fenómeno das Marchas tivo un éxito incuestionable e sen precedentes, que superou incluso as nosas expectativas máis optimistas", recorda Camaño, que insiste no obxectivo de "consolidar ese escenario de entendemento transveral e plural que xa foi protagonista no 22M". "Temos que fortalecer e muscular a nivel galego esa converxencia antisistema, ese punto de encontro de distintos perfís tanto a nivel social como sindical e político contra este sistema que nos devora", engade.
    "Temos que fortalecer a nivel galego esa converxencia antisistema que xa foi protagonista no 22M"
Logo da xuntanza que en Barcelona fixo balance a nivel estatal das Marchas, agora é Galicia a que sobe un chanzo máis na procura de consolidar o movemento cun debate no que "de maneira democrática e asemblearia" decidiranse os seguintes pasos a dar nun camiño que mantén as mesmas reivindicacións que aquel 22 de marzo: "Pan, traballo e teito, o dereito a decidir das nacións sen Estado, un novo proceso constituínte para acabar coa monarquía, xustiza social e o non pagamento da débeda".

Xa hai varias propostas enriba da mesa que serán debatidas este sábado. Entre as alternativas, mobilizacións nas oficinas de emprego ou unha gran marcha galega da dignidade sobre Compostela. En Galicia e tamén en converxencia con outras protestas a nivel estatal. Pero son tan só ideas que terán que ser postas en común e decididas "para que se fagan con garantías". Serán consensuadas por unha Columna Galega que xa está a organizarse tamén a nivel comarcal. Hoxe mesmo, en Ferrol, as Marchas da bisbarra celebran tamén unha asemblea, ao igual que fixeron en Pontevedra o pasado luns. Todas, confluirán en Teo na procura dunha "consolidación nacional" da Dignidade galega.
    A asemblea decidirá as vindeiras mobilizacións que as Marchas levarán a cabo en Galicia
E todo, malia os evidentes "intentos de invisibilización e criminalización por parte do Estado e dos seus medios de masas", segundo denuncia Manuel Camaño. "Enchéronse horas de radio e televisión e milleiros de páxinas tratando de criminalizar o movemento, mentres que antes se agochou todo o que se puido a convocatoria do 22M; ao final saíulles mal", explica.

Agora, e logo de que a policía e varios medios insistisen en vincular os disturbios posteriores á manifestación co terrorismo de Resistencia Galega, as propias forzas de seguridade aclaran en novos informes que nada tiveron que ver "violentos grupos organizados galegos" naquela violencia. "Foi descarado e todo baseado nun argumentario policial e parapolicial sen sentido... O terrible é que ningún tribunal sentará esta xente no banco dos acusados", insiste Camaño, que cre que a "criminalización" do 22M formaba parte dunha campaña "perfectamente preparada" para tratar de "minimizar o éxito da mobilización". "Non o conseguiron", remata.

Artigo públicado en Praza pública por Miguel Pardo.

<<<

Levantemos a dignidade desta comarca: Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro o martes 29 de Abril ás 7 da tarde - Marchas da Dignidade Ferrolterra


Axudemos a levantar a dignidade desta comarca:
Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro
o martes 29 de Abril ás 7 da tarde.

QUEN?

As Marchas da Dignidade que viven, medran e marchan en Ferrolterra.

QUÉ?


Concentración de protesta e asemblea aberta, micrófono aberto.

CANDO E ONDE?

O próximo martes 29 de Abril ás 7 da tarde diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao Campo de Ferrándiz en Esteiro (Curva da Estrada de Circunvalación en Esteiro).

POR QUÉ?

Porque en Ferrol Terra temos DIGNIDADE. Somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agreden.

Porque queremos recoller o exemplo que as miles de prendas de roupa colgadas na rella da antiga Bazán simbolizan, se o pobo está unido si se pode.

Porque non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer da nosa comarca un deserto en ruínas, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer dos nosos dereitos o seu negocio, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido que a nosa ría continúe a ser unha esterqueira e non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido a liquidación dos nosos estaleiros.

Porque se as loitas se unen si se pode: a loita d@s pensionistas; a loita d@s preferentistas; a loita polo dereito ao aborto e contra a violencia machista; a loita pola defensa da vida e da Ría fronte a ameaza de Reganosa; a loita sindical contra os EREs e na defensa dos postos de traballo; a loita contra os desafiuzamentos e pola vivenda digna; a loita pola defensa da sanidade, o ensino e os servizos públicos; a loita en defensa da construción naval, polo levantamento do veto á construción naval civil e pola construción do dique flotante, a loita polo saneamento integral da Ría; contra os recheos da Malata, o tren polo norte; a loita pola rehabilitación de Ferrol Vello, do barrio de Recimil, e do resto do Ferrol desafiuzado; a loita en defensa e rehabilitación do Mercado de Caranza; ...

Seguiremos marchando ...  : polo dereito ao traballo; polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica;  polo dereito a unha vivenda digna, polos servizos públicos, a sanidade e a educación; contra a corrupción , os corruptos e os corruptores; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga; contra a estafa e o roubo bancario; ... pola dignidade.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
24 de abril de 2014 21:01

---

luns, 21 de abril de 2014

CASA COMUN DE OZA-TEO. Plano de Acceso e fotos do lugar


DESCARGAR O PLANO EN PDF.                                         VER FOTOS

CHAMAMENTO DA PLATAFORMA DA DIGNIDADE DENDE PONTEVEDRA CIDADE

A/a:        Á ORGANIZACIÓNS E ENTIDADES SINDICAIS, SOCIAIS, POLÍTICAS, COLECTIVOS E PERSOAS  INTERESADAS, DE PONTEVEDRA

As organizacións, colectivos sociais e persoas que formamos a Plataforma Galega da Dignidade en Pontevedra, organizadoras do Tren e autobús da Dignidade do 22 de Marzo, facemos un chamamento á veciñanza da cidade de Pontevedra e contorna a participaren nunha nova Xuntanza que terá lugar, o vindeiro luns, 21 de abril, as 20.00h, no salón de actos do Edificio sindical, na rúa Pasantería, 1.
            Despois da impresionante movilización de centos de miles de persoas na Marcha de la Dignidad, celebrada o pasado 22 de Marzo, en Madrid, na que asistimos dende Galicia nos Trens e Autobuses da Dignidade, as organizacións e colectivos sociais integrantes da Plataforma Galega da Dignidade decidíu a continuidade da movilización social, en converxencia con todas as protestas que se dan en todo o estado, para esixir o fin dos recortes nos servizos públicos e en dereitos sociais, laborais e o expolio á clase traballadora que está a impor o actual réxime que está a gobernar en contra do pobo.

            Mobilizámonos por dignidade e porque estamos convencidas e convencidos de que a loita e a mobilización son o único camiño para deter a agresión que estamos a sufrir. Por istas razóns reiteramos o chamamento a todas as organizacións, grupos sociais reivindicativos e persoas de Pontevedra a participar e incorporarse neste movemento a prol da Dignidade colectiva, como un paso máis para organizarmos contra o roubo perpetuado polas élites

xoves, 17 de abril de 2014

As Marchas da Dignidade viven, medran e marchan en Ferrolterra - As citas que veñen

As Marchas da Dignidade viven, medran e marchan en Ferrol Terra. Non podía ser doutro xeito. Somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agriden: a loita polo saneamento integral da Ría; contra os recheos da Malata; en defensa da construción naval, polo levantamento do veto; a loita pola defensa da sanidade e do ensino público; a loita contra os desafiuzamentos e pola vivenda digna; a loita sindical contra os EREs e na defensa dos postos de traballo, a loita pola defensa da vida e da Ría fronte a ameaza de Reganosa, a loita polo dereito ao aborto e contra a violencia machista, a loita d@s preferentistas, a loita d@s pensionistas... .a loita dunha maioría social que ve pisoteada a súa dignidade.

Porque en Ferrol Terra temos DIGNIDADE. Por iso o pasado 22 de marzo desprazámonos a Madrid en autobuses e en tren. Para defender a nosa dignidade e 10 puntos que definen os problemas e as solucións que nos unen para marchar. Por iso seguimos ilusionándonos por ampliar este espazo de encontro, loita e solidariedade que son as Marchas da Dignidade, onde todas e todos estamos chamados a participar amosando a nosa dignidade como pobo.

No mes de xuño do 2013, nas rellas da antiga Bazán, colgábamos miles de prendas de roupa nunha acción convocada por múltiples organizacións e artistas, no que se chamou CARGA DE DIGNIDADE. Na actualidade, moitas desas prendas desapareceron, e unha faixa coa palabra “dignidade” atópase nun estado lamentable.

A asemblea das Marchas da Dignidade queremos coller o relevo e propoñemos a toda a cidadanía, que somos a maioría social, a todas as organizacións sociais, políticas, culturais... LEVANTAR A NOSA DIGNIDADE, A DIGNIDADE DESTA COMARCA ENTRE TODAS E TODOS.

Trátase dunha acción simbólica, pero cun forte contido, porque quere lanzar unha mensaxe a aqueles que teñen decidido a liquidación dos nosos estaleiros; a aqueles que teñen decidido que a nosa ría continúe a ser unha esterqueira; a aqueles que teñen decidido facer dos nosos dereitos o seu negocio; a aqueles que teñen decidido facer da nosas comarca un deserto en ruínas e a aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos. Esa mensaxe é : “NON NOS RENDEMOS! ESTAMOS UNÍNDONOS! PORQUE SOMOS POBO! PORQUE TEMOS DIGNIDADE!”.

Únete a nós, fala na túa organización para que se una ás Marchas da Dignidade, participa nas próximas accións:

23 de abril.- Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no Centro Cívico Carvalho Calero (Inferniño) ás 6 da tarde.

26 de abril.- Asemblea das Marchas da Dignidade de toda Galiza no concello de Teo. Xornada de confraternización, análise e debate. Haberá bus para desprazarse. Contactar en columnacaranceira@gmail.com ou no 629 068 300 [+Info].

29 de abril.- Levantemos a dignidade desta comarca! Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao campo do Ánimas, ás 7 da tarde, para arroupar o acto de rehabilitación da pancarta “CARGA DE DIGNIDADE”. Posteriormente celebraremos una asemblea aberta.

1 de maio.- Aínda que non foi posible este ano unha convocatoria que unise á clase obreira e aos dirixentes sindicais nunha soa manifestación, nunha soa voz, contra as directrices da Troica (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional), facemos un chamamento á participación nas diferentes manifestacións que recorrerán as rúas de Ferrol.

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

Acceder ou Baixar:
Volantina en formato PDF.

Cartaz Actividades en formato PDF.
---

martes, 15 de abril de 2014

ASEMBLEA NACIONAL da Columna Galega, o sábado 26 de abril, ás 10 da mañán na Casa Común de Oza (Teo). CARTAZ E GEOLOCALIZACIÓN.

Por se alguén non sabe a situación exacta da Casa do Común de Oza, onde imos celebrar o día 26 a Asemblea Xeral, vai na siguinte ligazón

XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA POLA DIGNIDADE EN COMPOSTELA O 8 DE ABRIL. VALORACION DAS MARCHAS SOBRE MADRID E PROPOSTAS DE CONTINUIDADE

O pasado dia 8 de abril nos xuntamos na Gentalha de Pichel, en Compostela, mais de 30 organizacións sociais, políticas e sindicais con motivo de valorar o traballo realizado pola plataforma galega para a marcha do dia 22M, plantexando darlle continuidade ao movemento que reclama pan, traballo e teito para todas e todos.  

Valorase moi positivamente a participación galega nas marchas do 22M e a nosa presenza en Madrid con un PLANTEXAMENTO UNANIME DE DARLLE CONTINUIDADE AO MOVEMENTO CREADO.
Se fan propostas de cara a descentralizar o movemente e enraízalo nas comarcas de cara a consolidalo. Cantas máis plataformas xurdan moito mellor. A necesidade da unidade, coa súa proxección plural, horizontal e participativa precisa disto, pero non se nega a necesidade de que xurdan propostas sólidas e razoadas e que "alguén" terá que facelas, defendelas e persuadir sobre a súa aceptación o que requerirá ORGANIZACION E DEBATE. Asi se fan unhas cantas propostas, neste plano, que se plantexan para discutir e acordar nunha ASEMBLEA NACIONAL  a convocar a maior brevedade, prefereiblemente, despois da xuntanza da coordinadora estatal da marchas que terá lugar os días 11 e 12 de abril en Barcelona na que se fará valoración das marchas do 22M e da que sairan novas propostas de accions a nivel estatal.

 POR UNANIMIDADE SE  ACADAN, entre outros, OS SEGUINTES ACORDOS:

·          Celebrar unha Asemblea Nacional da Columna Galega, o sábado 26 de abril, ás 10 damañá na Casa Común de Oza (Teo). O Aforo e para unhas cincocentas persoas.  Despois da asemblea 14:00h. haberá un xantar popular. Noméase unha Comisión Nacional de coordinación para organizar o evento. Facilitarase o transporte en autobús
·       Propoñer a creación de unha Conta Nacional para dotar á Plataforma Galega dunha mínima autonomía financiera.
·      Nomear por unanimidade representante de Galicia na coordinación estatal das Marchas a X.Carlos Costoya do SF-Intersindical que asistirá xunto con Manolo Camaño da CUT a xuntanza de Barcelona.
·       Revitalizar o blogue das Marchas, (xa sobrepasou as 20.000 visitas, o cal reflicte o seguimento acadado,) e atendendo a realidade actual das redes sociais se proporá abrir conta en facebook e valorar twitter, ademais da creacion de grupos información e de traballo a traves de telegram ou wathsap.

FOTOS DA XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA POLA DIGNIDADE NA GENTALHA DO PICHEL_ COMPOSTELA O 8 DE ABRIL


martes, 8 de abril de 2014

HOXE, ÁS 17 HORAS NA GENTALHA DO PICHEL EN COMPOSTELA XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA POLA DIGNIDADE_22M


 Presentación  da Plataforma Galega na Galería Sargadelos de Compostela o 
18 de Marzo











PROPOSTA DA ORDE DO DÍA
  • Valoración do traballo feito para o 22-M.
  • Proposta da Asemblea Galega das Marchas, para o vindeiro 26 de abril en Compostela.
  •  1º de Maio 
  • Cuestión financieira
  • Blogue 
A Asemblea está aberta a calquera colectivo ou asociación, fora convocada ou non. Se propón que por cada organización ou plataforma comarcal asistan, como máximo, dúas persoas, en aras da axilidade e tendo en conta o aforo do local e o horarío de remate que será ás 19 horas.

O camiño emprendido é o bó camino. 
Démoslle continuidade e, entre todas e todos, exprimamoslle o contido

xoves, 3 de abril de 2014

Despois do 22M seguimos marchando: Asemblea Aberta, no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño, o Mércores 9 de Abril, ás 6 da tarde


Despois do 22M seguimos marchando, é por iso que continuamos organizando-nos, concienciando-nos e mobilizando-nos, para acadar os nosos obxectivos de Pan, Traballo e Teito. O Mércores, 9 de Abril de 2014, vemo-nos na Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra que se celebrará no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño en Ferrol, ás 18:00hs.

O 22 de Marzo, confluíron en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

Falaremos do que suceda e acorde na xuntanza de coordinación que o día anterior 8 de Abril, vai ter lugar en Compostela. Prepararemos os dous actos de presentación e organización programados para San Valentín (Fene) e Canido (Ferrol). Abordaremos o tratado nas comisións de traballo: a de coordinación, a de enerxía e a do 1 de Maio. e por último prepararemos a convocatoria da Asemblea Galega das Marchas da Dignidade do 26 de Abril na Casa Común de Oza en TEO.

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA E HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---

A FISCALIA DESCARTA AGORA, GRUPOS ORGANIZADOS DETRÁS DO 22M




Grandes titulares o día despois para os terroristas do tren galego da dignidade, "mais de catro centos organizados, de Resistencia Galega", dicía a delegada do Goberno en Madrid, e agora isto ben pequeniño e agochado na pax. 33 do Faro de Vigo de onte. e tamén, tan só, tres liñas co mesmo na edición dixital.
Canto costa poñerlle luz e taquígrafos a verdade..., ¡¡¡carallo!!!