martes, 25 de marzo de 2014

Recibimento en Ourense ao Compañeiro das Marchas detido en Madrid no #22M


Dende a Plataforma en apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense queremos convocar ao pobo da nosa cidade para este martes día 25 de marzo ás 19:30h na Estación de Tren (Empalme) para recibir ó compañeiro represaliado o sábado en Madrid durante as Marchas da Dignidade.

AS MARCHAS DA DIGNIDADE CHAMAN AO POBO OURENSÁN A RECIBIR NA ESTACIÓN DE TREN AO COMPAÑEIRO DETIDO O PASADO SÁBADO EN MADRID.

 Hoxe Martes día 25 de marzo ás 19:30h terá lugar na Estación de tren de Ourense o recibimento do compañeiro Emilio, detido o pasado sábado en Madrid mentres paricipaba das mobilizacións convocadas polas Marchas da Dignidade. Dende a Plataforma en apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense, chamamos á participación masiva neste acto.
O compañeiro Emilio, estudante do Carballiño, foi detido o pasado sábado día 22 de marzomentres participaba nas xa coñecidas como Marchas da Dignidade. Nunhas cargas policias provocadas polas forzas da orde, Emilio foi detido e levado á comisaría de Moratalaz onde tivo que pasar dúas noites. As irregularidades cometidas durante a súa detención son escandalosas. Entroutras cuestións, foille negado o dereito a escoller libremente o seu avogado. Finalmente hoxe puidemos coñecer a nova da súa liberación sen cargos tras ser posto a disposición xudicial o cal ven a demostrar o arbitraria que foi a súa detención.

A Plataforma en apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense considera as detencións do
compañeiro Emilio, e a do resto de compañeiros, un novo exemplo de represión ás forzas populares por parte dun Réxime e un sistema económico en clara decadencia. É por iso que pedimos a liberación sen cargos de todos os compañeiros detidos o pasado sábado en Madrid.


O Réxime treme ante un pobo digno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario