luns, 17 de marzo de 2014

Presentación das Marchas da Dignidade en Marín

A Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade realizará unha presentación da iniciativa das Marchas a Madrid este martes, 18 de marzo, ás 20h na biblioteca de Marín.
Seguen as actividades da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas para espallar e dar a coñecer a iniciativa entre a clase traballadora. Despois da concentración en Pontevedra este pasado venres, 14 de marzo, o grupo de apoio de Pontevedra-Marín organiza unha nova presentación, desta volta, na vila marinense.
Nesta presentación que é aberta á participación de todas e todos os interesados en coñecer e participar nas Marchas da Dignidade participarán representantes da CUT, CGT, Sindicato Ferroviario e do Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín.
A iniciativa a pesar do apagón informativo dos grandes medios de información está a ter unha grande acollida entre a clase traballadora non habendo xa prazas para viaxar a Madrid o 22 de marzo no "Tren da Dignidade".
Para facilitar a viaxe de todas aquelas persoas que ficaron sen praza no tren a Plataforma está a organizar autobuses desde distintos puntos de Galiza, podendo facer xa as e os interesados a súa reserva até o xoves 20. En Pontevedra poderán reservarse prazas no local da CGT, no edificio sindical da rúa Pasantería, ou chamando ao 628685445. No Morrazo tamén se poden reservar prazas no local da CUT, na Avda. de Moaña, en Cangas ou chamando ao 986392003.

Ningún comentario:

Publicar un comentario