martes, 18 de marzo de 2014

HOXE, DERRADEIRA ASEMBLEA ORDINARIA, PREVIA AO COMENZO DA MARCHA GALEGA E ROLDA DE PRENSA NO LOCAL DE SARGADELOS NA RÚA NOVA EN COMPOSTELA. E MAÑAN CONCERTO SOLIDARIO A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN VIGO.

Hoxe celebramos en Compostela a derradeira Asemblea ordinaria da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade previa ao comenzó da marcha que está prevista para o albor do día 22 en dous trens fletados especialmente para a Columna Galega, e máis unha morea de autocares que sairán dende distintos puntos do país para os que ainda está aberto o prazo de inscripción deica o día 20 ás 13 horas. Hay máis de trinta autobuses a disposición.
Nesta reunión, pechamos temas de tipo loxistico e organizativo da viaxe e aprobaronse por unanimidade  cuestions como o recorrido e horario da marcha dende Chamartin ate Atocha unha vez nos xuntemos todo o continxente de persoas, en torno a dous mil galegos e  galegas que nos desplazamos, en autocares en en trens,  ás 14 do serán, na Praza de Castilla de Madrid.
Acordamos tamén o nome dos nosos representantes na pancarta de cabeceira,  home e muller por parte da columna galega que van a ser Xina Vega, novelista, e profesora de Universidade no CUVI, que fará de voceira da columna no acto de peche leendo o manifestó asinado en Galiza por máis de 200 intelectuais, artistas, e xente do mundo da cultura en xeral que está publicado neste blogue O outro representante vai a ser Miguel Quinteiro, coñecido activista social comprometido co 15M.  A máis estará na pancarta de cabeceira un representante da CUT como unha das nove organizacions pioneiras das marchas a nivel estatal.
Estas e outras cuestión de tipo técnico trasladaronse logo en rolda de Prensa celebrada as 12 da mañán,no local de Sargadelos, na rúa nova de Compostela, acto ao que corresponde a foto da cabeceira.
Lembramos tamén que mañan as 22 horas na sala “La Fábrica de Chocolate ofrecerán, de forma totalmente altruista, un concertó a favor das marchas da Dignidade o grupo Vigués “THE TELEPHONS”

Agardamos cheo a reventar. O 22M, galegos e galegas estaremos en Madrid, máis a rebelión popular non remata, si non que comenza este sábado en Madrid

Ningún comentario:

Publicar un comentario