domingo, 30 de marzo de 2014

CONVOCATORIA PARA XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA POLA DIGNIDADE O 8 DE ABRIL, AS 17:00H. EN COMPOSTELA


Este xoves 27, os sindicatos alternativos membros da Plataforma Galega pola Dignidade, mantivemos unha xuntanza en Compostela, para valorar o 22M e a súa continuidade.

Por unanimidade acordamos, como tamén seguro entenderedes todos e todas, convocar unha xuntanza da Plataforma Galega, que propoñemos sexa o MARTES DÍA 8 DE ABRIL, ÁS 17 HORAS NA GENTALHA DO PICHEL EN COMPOSTELA (Rúa Santa Clara). Lembrade que podemos usar o local ate ás 19 horas, co cal solicitamos puntualidade.

En base ó evaluado nesta xuntanza e os acordos estatais, propomos a seguinte orde do día:
-  Valoración do traballo feito para o 22-M.
-  Proposta da Asemblea Galega das Marchas, para o 
   vindeiro 26 de abril en Compostela.
-  1º de Maio.
-  Cuestión financieira.
-  Blogue.

NOTA: Pregamos sexa enviada esta convocatoria a calquera colectivo ou asociación que vexades que non fora convocada involuntariamente. E propomos que por cada organización ou plataforma comarcal asistan, como máximo, dúas persoas, en aras da axilidade e tendo en conta o aforo do local.
Unha aperta fraternal.

O camiño emprendido é o bó camiño

Ningún comentario:

Publicar un comentario