xoves, 13 de marzo de 2014

Concentración de apoio ás Marchas da Dignidade en Pontevedra

A Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade en Pontevedra ten convocada para mañá, venres 14, unha concentración ás 19h na praza da Peregrina de Pontevedra.
O tren da Dignidade que viaxará a Madrid o 22 de marzo está completo e a Plataforma se houber xente interesada estuda a posibilidade de fletar autobuses desde Pontevedra.
Con esta concentración pretendemos ademais de amosar o noso rexeitamento ás medidas económicas e antisociais impostas polo goberno e a troika, amosar o noso apoio á iniciativa e a todas aquelas persoas e colectivos que viaxarán desde  distintos puntos de Galiza e do estado a Madrid o vindeiro 22 de marzo para participar na manifestación ás 17h.
Neste sentido temos que resaltar que o denominado como “Tren da Dignidade” que puña a disposición a Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade para viaxar a Madrid está desde hai dous día completo constatando o grande interese do pobo traballador por esta iniciativa.
Son moitas as persoas que ao longo e ancho do país ficaron sen praza no tren polo que a Plataforma está a estudar a posibilidade de fletar autobuses desde distintos puntos do territorio para viaxar a Madrid. Aquelas persoas que estiveren interesadas deberán pasar polo local da CGT en Pontevedra, na rúa Pasantería, ou ben chamar ao teléfono 628685445 para se informaren e  reservar a súa praza.
Para abaratar os custes da viaxe tamén hai a disposición daquelas persoas interesadas uns bonos de axuda por distintas cantidades no local da CGT en Pontevedra e vaise realizar un concerto solidario o mércores 19 ás 22h na sala “La Fábrica de Chocolate” en Vigo onde actuará o grupo The Telephones.

Mobilizámonos por dignidade e porque estamos convencidas e convencidos de que a loita e a mobilización permanente son o único camiño por iso convocamos e animamos a participar e integrarse a todo o mundo nas Marchas da Dignidade que confluirán o 22 de marzo en Madrid, como un paso máis para que o pobo se organice contra o roubo perpetuado polas élites.

Ningún comentario:

Publicar un comentario