luns, 31 de marzo de 2014

A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas - Temos que constituír esa columna do naval, como o pasado 22M marchaba polas rúas de Madrid a columna dos mineiros ou a columna dos bombeiros.


A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas cun obxectivo claro: dicir non ao veto que a UE mantén, para a construción naval civil, nos estaleiros de Navantia. Mentiras, manipulacións, promesas incumpridas... veñen a encher este longo camiño reivindicativo, de toda unha comarca, en defensa dos seus estaleiros.

Asociacións, partidos políticos, distintas iniciativas cidadáns... aparecían hoxe enchendo a praza en apoio á construción naval. O bloco reivindicativo das Marchas da Dignidade, puxeron forza, música  e consignas a unha mobilización que non aclarou cal vai ser o camiño a tomar o día 1 de abril. Cal vai ser o día seguinte para estas reivindicacións que devolvan a dignidade a esta comarca.

As Marchas da Dignidade repartiron unhas dúas mil octavillas na manifestación comarcal de apoio ao naval dirixidas a toda a cidadanía de Ferrolterra.



---
Marchas da Dignidade de Ferrolterra 
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---

Ningún comentario:

Publicar un comentario