martes, 18 de marzo de 2014

a FPG Apoia Tamén as Marchas da Dignidade



A FPG APOIAMOS AS MARCHAS DA DIGNIDADE

Desde a FPG estamos aportando o noso grao de area no apoio ás diferentes plataformas comarcais que hai espalladas polo noso País. Para nós é un paso ineludíbel acudir o 22M a Madrid e xuntar forzas con todas aquelas formacións e movementos de carácter alternativo que teñen como principal obxectivo derrocar este sistema explotador e claramente anti-democrático.

Facemos un chamamento ao Pobo Galego pra que secunde esta gran mobilización sustentada por 800 organizacións de todo o Estado Español e que ten vocación de continuidade, indo máis alá desa data, ata acadar o trunfo das clases populares. Desde a FPG estamos a participar activamente neste cometido que ten fixado o propósito de seguir a engrandecer o movemento subvertivo que está a medrar e que terá moito que dicir logo do 22 de marzo.

Temos o convencemento de que tamén vai ser decisivo no tocante á liberación nacional e social dos pobos e das nacións sen Estado. É evidente que sen mobilización e sen unidade popular non vai haber solucións, e o movemento obreiro está chamado a vertebrar unha contestación anti-sistémica que derrube o réxime borbónico de vez. Reiteramos que a unidade e a conxunción das forzas populares é o único camiño que nos permitirá avanzar no obxectivo final da nosa liberación nacional e social como Pobo e como clase traballadora.

Polo tanto chamamos a acudir o dia 22 a Madrid con todo o movemento subversivo do Estado Español. O Tren da Dignidade xa se puxo en marcha.

O 22 de marzo todo o mundo a Madrid!

Viva a loita da clase obreira Galega!

Viva a loita internacionalista!

http://frentepopular.gl/

Ningún comentario:

Publicar un comentario