luns, 31 de marzo de 2014

A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas - Temos que constituír esa columna do naval, como o pasado 22M marchaba polas rúas de Madrid a columna dos mineiros ou a columna dos bombeiros.


A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas cun obxectivo claro: dicir non ao veto que a UE mantén, para a construción naval civil, nos estaleiros de Navantia. Mentiras, manipulacións, promesas incumpridas... veñen a encher este longo camiño reivindicativo, de toda unha comarca, en defensa dos seus estaleiros.

Asociacións, partidos políticos, distintas iniciativas cidadáns... aparecían hoxe enchendo a praza en apoio á construción naval. O bloco reivindicativo das Marchas da Dignidade, puxeron forza, música  e consignas a unha mobilización que non aclarou cal vai ser o camiño a tomar o día 1 de abril. Cal vai ser o día seguinte para estas reivindicacións que devolvan a dignidade a esta comarca.

As Marchas da Dignidade repartiron unhas dúas mil octavillas na manifestación comarcal de apoio ao naval dirixidas a toda a cidadanía de Ferrolterra.



---
Marchas da Dignidade de Ferrolterra 
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---

INTERVENCIONS DA PLATAFORMA GALEGA A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NO PROGRAMA DE V Televisión_ VÍA v ANTES E DESPOIS DO 22M

O 21 de Marzo de 2014, Santiago Lamelo, da Fronte Cívica de A Coruña intervén no programa Vía V (VTelevisión) falando da columna galega nas marchas pola dignidade que vai a partir para Madrid ao día seguinte: https://docs.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSUEo5T1V2T1BwQWM/edit


O 25 de Marzo de 2014, Santiago Lamelo, da Fronte Cívica de A Coruña intervén no programa Vía V (VTelevisión) falando das cargas policiais o día 22 de Marzo en Madrid contra o pobo que se manifestaba pacíficamente pola DIGNIDADE:

https://docs.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQScWF1TlJYSjJIZWc/edit

DÓUS COMPAÑEIROS DE "LA SOLFÓNICA" COMPOÑEN UN TEMA ADICADO ÁS MARCHAS. TITÚLANO: "La Marea"

Ligazón a un video que crearon dous compañeiros da Solfónica, como unha iniciativa persoal.
A canción e a música son propias. Están adicadas ás marchas. Creo que vos vai a gustar. Si é así, podedes difundila entre a xente.
É Un bó contraste coa inadmisible manipulación informativa da prensa sobre o 22M.
https://www.youtube.com/watch?v=aMtZgqzUW7c&feature=youtu.be

domingo, 30 de marzo de 2014

CONVOCATORIA PARA XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA POLA DIGNIDADE O 8 DE ABRIL, AS 17:00H. EN COMPOSTELA


Este xoves 27, os sindicatos alternativos membros da Plataforma Galega pola Dignidade, mantivemos unha xuntanza en Compostela, para valorar o 22M e a súa continuidade.

Por unanimidade acordamos, como tamén seguro entenderedes todos e todas, convocar unha xuntanza da Plataforma Galega, que propoñemos sexa o MARTES DÍA 8 DE ABRIL, ÁS 17 HORAS NA GENTALHA DO PICHEL EN COMPOSTELA (Rúa Santa Clara). Lembrade que podemos usar o local ate ás 19 horas, co cal solicitamos puntualidade.

En base ó evaluado nesta xuntanza e os acordos estatais, propomos a seguinte orde do día:
-  Valoración do traballo feito para o 22-M.
-  Proposta da Asemblea Galega das Marchas, para o 
   vindeiro 26 de abril en Compostela.
-  1º de Maio.
-  Cuestión financieira.
-  Blogue.

NOTA: Pregamos sexa enviada esta convocatoria a calquera colectivo ou asociación que vexades que non fora convocada involuntariamente. E propomos que por cada organización ou plataforma comarcal asistan, como máximo, dúas persoas, en aras da axilidade e tendo en conta o aforo do local.
Unha aperta fraternal.

O camiño emprendido é o bó camiño

RECORTES DE PRENSA E VIDEOS QUE DEMOSTRAN O ILIEXITIMO E DESMESURADO DA INTERVENCION POLICIAL EN COLON DISOLVENDO UNHA MANIFESTACION QUE ESTABA LEGALIZADA E AUTORIZADA


  • ·         VIDEOS DOS INFILTRADOS PUBLICADOS EN “LA REPÚBLICA.ES”
http://www.larepublica.es/2014/03/revelan-en-fotos-y-videos-como-infiltrados-reventaron-la-manifestacion-del-22m/
  • ·         NOTICIA NO DIARIO “EL PERIODICO”
http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/las-marchas-dignidad-anuncian-demandas-contra-estado-3226491
  • ·         NOTICIA NO DIARIO “LA RAZÓN”
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/5968569/marchas-de-la-dignidad-tacha-los-incidentes-de-montaje-policial#.Ttt18FVvdkQsVwi
  • ·         EN DIRECTO NO PROGRAMA  “LAS MAÑANAS DE LA CUATRO”
http://www.cuatro.com/las-mananas-de-cuatro/2014/marzo/28-03-2014/fabricar-espectaculo-violento-hable-violencia_2_1770855121.html



mércores, 26 de marzo de 2014

Protesta e rolda de prensa contra as mentiras do goberno do PP #22M


Un grupo de representantes da Marcha Galega da Dignidade vimos de denunciar diante do Parlamento Galego as mentiras e calumnias do PP e do goberno español respecto dos actos acontecidos o 22M e que a policía, apoiada por determinados medios de comunicación (manipulación) veñen de atribuir a supostos "radicais", co unico fin de criminalizar todo acto de protesta social e ás Marchas da Dignidade en particular.

"nos tempos do engano universal,dicir a verdade é un acto revolucionario" (G.Orwell)












22M O TREN GALEGO DA DIGNIDADE [video completo]




martes, 25 de marzo de 2014

CONVOCATORIA PARA XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA DA DIGNIDADE

Ola compañeir@s!!
Despois da consulta sobre a comenencia de convocar unha xuntanza dos sindicatos que conformamos a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, e co voso consentimento, paso a a convocatoria.
A xuntanza dos sindicatos que integramos a Plataforma con outras entidades e organizacións, sería o vindeiro xoves día 27 de marzo ás 17 horas, no local da CUT en Compostela.
Os temas que consideramos a tratar como mínimo ó noso entender serían:        - Valoración do 22-M. Madrid e Columna Galega.        - Custións financieiras, autobuses, camisetas,..        - Continuidade e convocatoria de todas as organizacións da Plataforma Galega

Como sempre unha aperta fraternal.
Manolo Camaño.

Intervención de Xina Vega como voceira da columna galega no acto final das marchas da dignidade o 22M na Praza de Colon en Madrid






Recibimento en Ourense ao Compañeiro das Marchas detido en Madrid no #22M


Dende a Plataforma en apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense queremos convocar ao pobo da nosa cidade para este martes día 25 de marzo ás 19:30h na Estación de Tren (Empalme) para recibir ó compañeiro represaliado o sábado en Madrid durante as Marchas da Dignidade.

AS MARCHAS DA DIGNIDADE CHAMAN AO POBO OURENSÁN A RECIBIR NA ESTACIÓN DE TREN AO COMPAÑEIRO DETIDO O PASADO SÁBADO EN MADRID.

 Hoxe Martes día 25 de marzo ás 19:30h terá lugar na Estación de tren de Ourense o recibimento do compañeiro Emilio, detido o pasado sábado en Madrid mentres paricipaba das mobilizacións convocadas polas Marchas da Dignidade. Dende a Plataforma en apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense, chamamos á participación masiva neste acto.
O compañeiro Emilio, estudante do Carballiño, foi detido o pasado sábado día 22 de marzomentres participaba nas xa coñecidas como Marchas da Dignidade. Nunhas cargas policias provocadas polas forzas da orde, Emilio foi detido e levado á comisaría de Moratalaz onde tivo que pasar dúas noites. As irregularidades cometidas durante a súa detención son escandalosas. Entroutras cuestións, foille negado o dereito a escoller libremente o seu avogado. Finalmente hoxe puidemos coñecer a nova da súa liberación sen cargos tras ser posto a disposición xudicial o cal ven a demostrar o arbitraria que foi a súa detención.

A Plataforma en apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense considera as detencións do
compañeiro Emilio, e a do resto de compañeiros, un novo exemplo de represión ás forzas populares por parte dun Réxime e un sistema económico en clara decadencia. É por iso que pedimos a liberación sen cargos de todos os compañeiros detidos o pasado sábado en Madrid.


O Réxime treme ante un pobo digno.

luns, 24 de marzo de 2014

A MARCHA DA DIGNIDADE_22M -.... “VAMOS POR ANCHO CAMINO”

A MARCHA DA DIGNIDADE_22M - “VAMOS POR ANCHO CAMINO”
 ¡¡¡Imos que esto non acaba máis que empezar”
A letra de “Vamos Por Ancho Camino” de Victor Jara , sempre actual e hoxe máis que nunca.
reproducida hoxe no facebook de:  Jose Carlos Costoya Mateo

“Ven ven conmigo ven
Ven ven conmigo ven
vamos por ancho camino
nacera un nuevo destino, ven.
Ven ven conmigo ven
Ven ven conmigo ven
al corazon de la tierra
germinaremos con ella, ven.
El odio quedo atras
no vuelvas nunca,
sigue hacia el mar
tu canto es rio, sol y viento
pajaro que anuncia la paz.
Amigo tu hijo va,
hermano tu madre va,
van por el ancho camino
van galopando en el trigo, van
Ven ven conmigo ven
Ven ven conmigo ven
llego la hora del viento
reventando los silencios, ven.
El odio quedo atras
no vuelvas nunca,
sigue hacia el mar
tu canto es rio, sol y viento
pajaro que anuncia la paz.
Ven conmigo ven (ven conmigo ven).”

http://vimeo.com/24284640

A MEDIA TARDE DE HOXE.FORON POSTOS EN LIBERDADE OS TRES DETIDOS GALEGOS NAS MARCHAS DO 22M. Onte, e durante todo o día de hoxe, sucederonse CONCENTRACIONS EN TODO O PAIS PEDINDO A INMEDIATA POSTA EN LIBERDADE DOS DETIDOS

Nos chegan bóas novas, e xa poidemos manter contacto, de que esta tarde foron postos en liberdade, con cargos, as tres persoas detidas da columna galega. ISMAEL CARREIRA SEOANE, e MARIA FERNANDEZ PIÑEIRO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, e EMILIO DAVID CAO MOTA, de O CARBALLIÑO. Nos comunican que se atopan bén e agradecen todas as xestións e os actos reivindicativos que se levaron a cabo para conseguir a súa pronta liberación.
Tamén temos constancia de que xa están ceibes o resto de persoas detidas, excepto unha a que lle plantexan cargos de certa gravidade.

Deixamos aquí ligazón ao seguimento feito polo diario.es, esta mañan, na concentación fronte aos xulgados da Praza de Castilla

http://www.eldiario.es/sociedad/DIRECTO-Concentracion-Plaza-Castilla-detenidos_0_242175914.html

HOXE AS MARCHAS DA DIGNIDADE EN DIRECTO NA TELEVISION DE VENEZUELA, telesur. E NOS DIARIOS DIXITAIS EXTRANXEIROS.




ENTREVISTA ESTA MAÑAN EN DIRECTO EN RADIO REDONDELA AO VOCEIRO DO SINDICATO FERROVIARIO DE PONTEVEDRA, J.C.Costoya


Entrevistan en Radio Redondela ao voceiro do Sindicato Ferroviario en Pontevedra na que informa sobor da a participación da columna galega nas marchas da Dignidade, do transcurrir da manifestación do 22M en Madrid e dos sucesos acontecidos pola decision policial de cargar contra os manifestantes disolvendo o acto de peche da manifestación antes de finalizar, en Plena Plaza de Colon, donde nese intre se atopaban escoitando pacíficamente a actuación da "Solfónica" milleiros de persoas entre elas nenos, xente de avanzada idade e incluso persoas con movilidade reducida que tiñan reservado espazo preto do escenario.


(liga aquí para acceder ao audio 11m50seg.)

Fotocronica das Marchas da Dignidade #22M en Madrid

De novo grazas @s compas de galizacontrainfo.org disponibilizamos aqui máis fotos da Manifestación en Madrid das Marchas da Dignidade.
Compartide!!

https://www.flickr.com/photos/47009921@N02/

video da Marcha Galega da Dignidade #22M en Madrid



 

grazas ao bo traballo d@s compas de "Galizacontrainfo.org" podemos ver este video da Columna Galega das Marchas da Dignidade.



domingo, 23 de marzo de 2014

Entrevista a X.L. Mendez Ferrin sobre as Marchas da Dignidade


"Isto é limpo, o berro saiu do Pobo" ou "Estamos nun momento de Frente Popular, necesitamolo contra a barbarie capitalista que nos mata" son só dalgunhas das frase de Ferrin sobre as "Marchas da Dignidade" nesta interesante entrevista do diario dixital publico.es

    

http://www.publico.es/509432/esto-es-limpio-el-grito-salio-del-pueblo?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed%3A+publico%2Fportada+%28P%C3%BAblico.es+-+Noticias+Portada%29







pequena cronica das Marchas da Dignidade o 22M en Madrid


http://praza.com/movementos-sociais/6791/primavera-de-dignidade-multicor/

 Así titula o xornal dixital Praza Pública (praza.com) :
 "Primavera multicor na defensa da dignidade e por "pan, traballo e teito"... "as Marchas da Dignidade asolagaron este sábado as principais rúas de Madrid" (...)

Aproveitamos tamén pra deixar aqui algunha foto da Columna Galega e da panoramica xeral da manifestación que asulagou as rúas de Madrid en defensa da nosa Dignidade.
Todas as fotos que teñades podedelas compartir con nós.










Avance do Video sobre O Tren da Dignidade 22M

Deixamos aqui a ligazón do avance do video sobre a columna Galega das Marchas da Dignidade



http://www.youtube.com/watch?v=dwzFxfoCQqM&feature=youtu.be

xoves, 20 de marzo de 2014

CHAMAMENTO AS/OS GALEGAS/OS RESIDENTES EN MADRID. A cita para o 22M é as 14:00h. na praza de Castilla.

AS GALEGAS E OS GALEGOS NA MARCHA DA DIGNIDADE CHEGAREMOS A MADRID EN TREN E EN AUTOCAR.
O TREN TEN PREVISTA A CHEGADA A MADRID CHAMARTIN ÁS 13:20 HORAS E DE CONTADO INICIAREMOS UNHA COLUMNA GALEGA POLA RÚA AGUXTÍN FOXA PARA ATOPARNOS, NO PUNTO DE ENCONTRO ESTABLECIDO NA PRAZA DE CASTILLA, CA XENTE QUE VÉN NOS AUTOCARES, ÁS 14:00 H
A ESTA HORA, DÚAS EN PUNTO DA TARDE, CITAMOS A TODAS E TODOS OS GALEGOS RESIDENTES EN MADRID E BISBARRA, PARA CONFORMAR UNHA SÓLIDA COLUMNA GALEGA BAIXANDO POLA CASTELLANA ATE ATOCHA DONDE COMENZARÁ A MANIFESTACION ÁS 5 DA TARDE.

HORARIOS DEFINITIVOS PARA O TREN DA DIGNIDADE.

A malla diseñada polo ADIF, modifica os horarios inicialmente publicitados sendo estos os definitivos.
Compre darlle a máxima difusion a este asunto para evitar situacións de malos entendidos, erros ou  inconvintes innecesarios de última hora..



ANOVA VIGO ADHIRESE A PLATAFORAMA GALEGE POLAS MARCHAS DA DIGNIDADE

Boa tarde.
A militancia de Anova-IN Vigo. Reunida en asemblea soberana o sábado 15 de marzo, decidiu por unanimidade a súa adhesión a plataforma 22M.
O ritmo da asemblea de Vigo, fai que cheguemos tarde para contribuír a organización das marchas. Sen embargo confiamos en que isto sexa a semente dunha mobilización que perdure no tempo, e confiamos en contribuír e colaborar en futuras iniciativas que saian desta plataforma.
Toda a información recibida sobre as marchas foi sendo remitida a militancia, e cónstanos que a titulo individual afiliadas de Anova,acudiran a mobilización. 
Parabéns a tódalas persoas e colectivos que contribuíron o éxito desta iniciativa en Galiza.
J.L.Jácome. "Chili" Responsable de Movementos Sociais Anova-Vigo. 
Saúde e Terra.

ONTE A DIGNIDADE GALEGA FIXEMOS PIÑA NA FÁBRICA DE CHOCOLATE EN VIGO BAILANDO AO RITMO DE "THE TELEPHONES". Grazas pola vosa solidaridade, á deste grupo vigués. e á da sala de concertos.





ONTE POLA TARDE ESTE BLOGUE SUPEROU AS 15000 VISITAS.


Arestora son 15416 visitantes. Grazas a todas e a todos. 
Sen dúbida algunha este seguimento nos anima a seguir co traballo iniciado.
"O pobo e quén máis ordena". Saúde.


mércores, 19 de marzo de 2014

Concerto en Vigo a favor das Marchas da Dignidade

Concerto de "The Telephones"  hoxe en "La Fábrica de Chocolate" de Vigo ás 22horas para apoiar ás Marchas da Dignidade. 
Desde aqui darlle as grazas ao grupo vigués polo seu apoio altruista a favor das Marchas.

ONTE AO SERÁN. ENTREVISTA EN RADIO REDONDELA E ACTO CENTRAL EN MARÍN.

Onte ao serán, seguimos a difundir as marchas por todo o país e á sumar persoas á columna galega. . Ás 5 da tarde en directo en Radio Redondela, e as 20:00h.,no acto Central das Marchas en Marin. Trasladando información á cidadanía, acadando apoios, vendendo chapas e camisetas e votando un cabo para encher un dos autocares que estamos a promover nesta comarca.  O DÍA 22 HABERÁ AUTOCARES DENDE PONTEVEDRA A MADRID A 26 EUROS. Para anotarse no local de CGT en Pontevedra (edificio sindical). NOS FALTAS TÍ.
     
para escoitar entrevista liga aquí.
(arquivo mp4_11minutos)

Noticia no Faro de Vigo 19.03.14
                 (Liga aquí)

martes, 18 de marzo de 2014

HOXE, DERRADEIRA ASEMBLEA ORDINARIA, PREVIA AO COMENZO DA MARCHA GALEGA E ROLDA DE PRENSA NO LOCAL DE SARGADELOS NA RÚA NOVA EN COMPOSTELA. E MAÑAN CONCERTO SOLIDARIO A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN VIGO.

Hoxe celebramos en Compostela a derradeira Asemblea ordinaria da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade previa ao comenzó da marcha que está prevista para o albor do día 22 en dous trens fletados especialmente para a Columna Galega, e máis unha morea de autocares que sairán dende distintos puntos do país para os que ainda está aberto o prazo de inscripción deica o día 20 ás 13 horas. Hay máis de trinta autobuses a disposición.
Nesta reunión, pechamos temas de tipo loxistico e organizativo da viaxe e aprobaronse por unanimidade  cuestions como o recorrido e horario da marcha dende Chamartin ate Atocha unha vez nos xuntemos todo o continxente de persoas, en torno a dous mil galegos e  galegas que nos desplazamos, en autocares en en trens,  ás 14 do serán, na Praza de Castilla de Madrid.
Acordamos tamén o nome dos nosos representantes na pancarta de cabeceira,  home e muller por parte da columna galega que van a ser Xina Vega, novelista, e profesora de Universidade no CUVI, que fará de voceira da columna no acto de peche leendo o manifestó asinado en Galiza por máis de 200 intelectuais, artistas, e xente do mundo da cultura en xeral que está publicado neste blogue O outro representante vai a ser Miguel Quinteiro, coñecido activista social comprometido co 15M.  A máis estará na pancarta de cabeceira un representante da CUT como unha das nove organizacions pioneiras das marchas a nivel estatal.
Estas e outras cuestión de tipo técnico trasladaronse logo en rolda de Prensa celebrada as 12 da mañán,no local de Sargadelos, na rúa nova de Compostela, acto ao que corresponde a foto da cabeceira.
Lembramos tamén que mañan as 22 horas na sala “La Fábrica de Chocolate ofrecerán, de forma totalmente altruista, un concertó a favor das marchas da Dignidade o grupo Vigués “THE TELEPHONS”

Agardamos cheo a reventar. O 22M, galegos e galegas estaremos en Madrid, máis a rebelión popular non remata, si non que comenza este sábado en Madrid

a FPG Apoia Tamén as Marchas da Dignidade



A FPG APOIAMOS AS MARCHAS DA DIGNIDADE

Desde a FPG estamos aportando o noso grao de area no apoio ás diferentes plataformas comarcais que hai espalladas polo noso País. Para nós é un paso ineludíbel acudir o 22M a Madrid e xuntar forzas con todas aquelas formacións e movementos de carácter alternativo que teñen como principal obxectivo derrocar este sistema explotador e claramente anti-democrático.

Facemos un chamamento ao Pobo Galego pra que secunde esta gran mobilización sustentada por 800 organizacións de todo o Estado Español e que ten vocación de continuidade, indo máis alá desa data, ata acadar o trunfo das clases populares. Desde a FPG estamos a participar activamente neste cometido que ten fixado o propósito de seguir a engrandecer o movemento subvertivo que está a medrar e que terá moito que dicir logo do 22 de marzo.

Temos o convencemento de que tamén vai ser decisivo no tocante á liberación nacional e social dos pobos e das nacións sen Estado. É evidente que sen mobilización e sen unidade popular non vai haber solucións, e o movemento obreiro está chamado a vertebrar unha contestación anti-sistémica que derrube o réxime borbónico de vez. Reiteramos que a unidade e a conxunción das forzas populares é o único camiño que nos permitirá avanzar no obxectivo final da nosa liberación nacional e social como Pobo e como clase traballadora.

Polo tanto chamamos a acudir o dia 22 a Madrid con todo o movemento subversivo do Estado Español. O Tren da Dignidade xa se puxo en marcha.

O 22 de marzo todo o mundo a Madrid!

Viva a loita da clase obreira Galega!

Viva a loita internacionalista!

http://frentepopular.gl/