mércores, 19 de febreiro de 2014

XA ESTAN Á VENDA AS CAMISOLAS
DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE
O seu prezo de venda son 5 euros, e  xa están dispoñibles a partir de hoxe nos locais comarcais da CUT
Son de boa calidade textil, de color gris plomo e serigrafiadas co logo acordado para identificar a marcha galega (o que se reproduce). Temos disponibles as seguintes tallas  XXL, XL, L, M e S.
Con esta campaña preténdese aumentar a difusión a pé de rúa das Marchas da Dignidade nun momento no que a socialización desta mobilización na que están comprometidas boa parte dos colectivos sociais e organizacións obreiras máis dinámicas do noso país empeza a resu tar máis visible.  A manifestación convocada para o día 26 de febreiro ás 8 da tarde pode ser un bó momento para ir de estrea.

Os colectivos que desexen encargar cantidades concretas para distribuir e/ou vender na Galiza poden, tamén, poñerse en contacto nos teléfonos seguintes: VIGO: 986 220639 - 661 402977, 
MORRAZO: 986 392003, 
PONTEVEDRA: 606 595310., 
ou enviadno un correo a marchasdadignidade@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario