martes, 18 de febreiro de 2014

Rolda de Prensa da Marcha Galega da Dignidade en Vigo




MÉRCORES 19 ÁS 12 Hs. NA SEDE DA CUT EN VIGO
(Rúa Urzáiz, 71- entrechán) Tlfno. 986 22 0639

Este mércores vai ter lugar en Vigo a presentación en Rolda de Prensa da Marcha Galega da Dignidade, será ás 12 horas na sede da CUT.

En Galicia xa botou a andar a campaña de apoio e de participación para nas Marchas da Dignidade, que culminarán en Madrid desde os distintos puntos do estado español,  o vindeiro 22 de marzo.

Os sindicatos; CUT, CGT, SE, SLG, STEG, e SF-IN, temos acordado participar de cheo nesta iniciativa destinada a levar á rúa de maneira masiva, as distintas problemáticas que están a golpear os galegos e as galegas: Desemprego, precariedade laboral, a represión, a fame, as hipotecas, a estafa bancaria…, por citar só algúns exemplos.

Tamén se teñen sumado a esta iniciativa, ademais de todo arco sindical alternativo do estado, multitude de organizacións políticas, culturais, plataformas cidadás,…, tanto no ámbito galego, como no estatal. EU, E. Anticapitalista, CUP, FPG, PCPC, IZCA, STOP-Desafiuzamentos, Frente Cívico, P. Pensionistas, P. Sanidade, Sindicatos estudantís, etc. Pero sobre todo é a masa cidadá agredida polo sistema quen apoia e quen debe sumarse ás Marchas, que non teñen máis obxectivo que o de acumular forzas de “Dignidade e Rebeldía” cara a superación do sistema capitalista agresor.

Datas sinaladas neste proceso de apoio ás Marchas :

O MÉRCORES 26 DE FEBREIRO, ÁS 20,00 HS. haberá MANIFESTACIÓN en VIGO (Saída Praza de Fernando o Católico), en apoio ás Marchas. Tamén haberá manifestacións á mesma hora en Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo, Vilagarcía, Pontevedra e Ourense.

O SÁBADO DÍA 1 DE MARZO, ÁS 18 HS. TERÁ LUGAR O ACTO CENTRAL DA MARCHA GALEGA, QUE SERÁ NO S.A. DOS CAPUCHINOS EN VIGO, ONDE INTERVIRÁ O PORTAVOZ DO SAT DE ANDALUCÍA DIEGO CAÑAMERO.





Ningún comentario:

Publicar un comentario