domingo, 23 de febreiro de 2014

Reparto de follas informativas e rolda de prensa en Pontevedra

Este sábado 22 de febreiro en Pontevedra, coincidindo cunha concentración en defensa da sanidade pública, as persoas que formamos parte da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade na cidade estivemos informando a veciñanza e repartindo unhas follas informativas sobre as marchas e a manifestación de apoio do vindeiro mércores 26 de febreiro.
O retraso no comezo da campaña das Marchas da Dignidade en Galiza e o apagón informativo dos medios están a facer que a iniciativa sexa practicamente descoñecida pola veciñanza, así o puidemos constatar durante o reparto das follas informativas. Malia isto, a veciñanza pareceu recibir ben a iniciativa e amosou o seu interese en coñecer en que consisten as Marchas, ficando emprazadas a participaren na manifestación do mércores 26 de febreiro ás 20h desde a praza da Peregrinas  e a acudiren á asemblea do xoves 27 ás 20:30 no salón de actos do edificio de sindicatos.


Para superarmos o apagón informativo respecto ás marchas o grupo de apoio de Pontevedra imos celebrar unha rolda de prensa este luns, 24 de febreiro, ás 12h no salón de actos do edificio de sindicatos na rúa Pasantería. Convidamos, pois, a todas aquelas persoas e colectivos interesados nas marchas a participar e acudir á rolda de prensa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario