martes, 25 de febreiro de 2014

O Sindicato Labrego convoca á cidadanía a participar nas manifestacións de apoio na Galiza á Marcha da Dignidade


http://www.sindicatolabrego.com/themes/default/images/slg_logo.gif 
O Sindicato Labrego Galego, como organización sindical integrante da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade que converxerán en Madrid o vindeiro 22 de marzo, convoca á cidadanía galega a participar nas manifestacións de apoio a esta iniciativa que se celebrarán en Ferrol, A Coruña, Vigo, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa o vindeiro mércores, 26 de febreiro, ás 20:00 horas. De seguido, transcribimos o manifesto que acordamos as organizacións convocadoras.


MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO: UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL
Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:
Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.
Se a isto lle engadimos as medidas represivas que están a levar a cabo contra os dereitos de manifestación, folga ou expresión de todo aquel que se lles enfronte con decisión, o panorama non pode ser máis desolador.
Tras a nefasta Reforma Laboral que sementa dor por todas partes, na actualidade pretenden aprobar leis profundamente autoritarias e retrógradas: a lei de Seguridade Cidadá e a Lei do aborto son unha mostra disto. Todos seremos posibles obxectivos desta lexislación, que deixa nas mans do poder político e do empresariado unha patente de corso para actuar con total impunidade. Toda unha batería de medidas reaccionarias que atenta contra nos, como cidadáns e que nos nega como País.




Ningún comentario:

Publicar un comentario