venres, 14 de febreiro de 2014

EN OURENSE BOTA A ANDAR A ORGANIZACIÓN DA MARCHA DA DIGNIDADE_22M

O pasado mércores tamén botou a andar en Ourense a Marcha da Dignidade. Teremos o próximo encontro o luns 17 de febreiro ás 18hh na aula 0.7 do edificio de Ferro do Campus de Ourense. Animamos a todo o mundo a participar neste encontro aberto, que ten como obxectivo dar apoio á Marcha da Dignidade en Ourense e nas comarcas da provincia onde fora posíbel. Nesta xuntanza aberta trataremos de organizar o material, recursos e convocatorias de apoio ás marchas do 22 de marzo á Madrid, como tamén da convocatoria para o próximo 26 de febreiro que terá lugar na nosa cidade, ao igual que no resto de cidade do País, para apoiar a Marcha da Dignidade.

Adiante por un Proceso Constituinte desde a cidadanía, desde abaixo e por @s de abaixo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario