xoves, 20 de febreiro de 2014

constituída a plataforma das Marchas da Dignidade en Vigo



O mércores 19 tivo lugar en Vigo a constitución da plataforma da Marcha da Dignidade na nosa cidade, do mesmo xeito que na semana pasada tiña lugar a nivel nacional galego na capital Compostela.

Asistiron a este encontro, ademais dos sindicatos alternativos, distintas plataformas cidadás, organizacións políticas e movementos sociais da comarca viguesa:Esquerda Unida, Esquerda Anticapitalista, Xuventudes Comunistas, Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa, Ecoar, etc.
A continuación tivo lugar unha rolda de prensa, para presentar publicamente a iniciativa. A Plataforma fixo un chamamento á participación cidadá, nas manifestacións que terán lugar nas cidades galegas o próximo mércores día 26, ás 20 horas en apoio ás Marchas da Dignidade.




Ningún comentario:

Publicar un comentario