martes, 18 de febreiro de 2014

Información e Reflexión dende Terras de Lemos



 A COLUMNA NACIONAL BASCA TAMÉN ESTARÁ EN MADRID O 22-M

A pesar de ser esta a páxina da Marcha Galega da Dignidade, creo que é de interese compartir esta información aquí sobre a participación basca nas Marchas da Dignidade.

O espazo sociolaboral “EGUNE” cos sindicatos: ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, CNT, CGT-LKN á cabeza estarán en Madrid o 22 de marzo, coa súa columna nacional basca. Pero esta non é unha novidade de hoxe, téñeno acordado desde o mes de novembro do 2013. Porque o movemento de liberación basco, ademáis de arbertzale sempre foi internacionalista,  solidario e intelixente.

O apoio e a mobilización das Marchas da Dignidade está collendo cada día máis forza ao longo dos diferentes territorios, pobos e nacións do Estado español.  Aquí en Galicia non pode servir de xustificación para non integrarse a peregrina escusa  de que como somos nacionalistas, non participamos nunha mobilización estatal. Aínda menos comprensible é cando moitas destas actitudes esperpénticas veñen d@s mesm@s que si participan no parlamento español ou dos fondos tripartitos en base á representación sindical. Coa que nos está caendo á clase traballadora non é de recibo máis actitudes interesadas e sectarias.  Hoxe máis ca nunca a unidade é máis necesaria ca nunca fronte ás agresións deste sistema putrefacto que merece todo o noso desprezo.

A nosa Dignidade é imparable.

Antón Seara – Terra de Lemos

3 comentarios:

  1. Ahí falaches compañeiro.
    Un de Monforte que fica en Vigo.

    O 22 todas e todos os galegos e as galegas imos estar en Madrid. Saúde.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E o 26 de febreiro imos a demostralo berrando eso pateando as nosas rúas. As 8 da tarde, simultaneamente, en todas as vilas e cidades galegas.

      Eliminar
  2. Moi ben falado. O paro, a precariedade, A FAME non entenden de ideoloxias.

    PAN, TRABALLO E TEITO. O 22M TOD@S A MADRID

    ResponderEliminar