sábado, 15 de febreiro de 2014

O movemento O MORRAZO EN LOITA,acorda o APOIO EXPLÍCITO A MARCHA GALEGA: "O 26 iremos a Vigo e o 22 iremos a Madrid"

O MORRAZO EN LOITA
 FRONTE ÁS ESTAFAS DO GOBERNO

O movemento O Morrazo en Loita, ten acordado o apoio explícito á Marcha Galega que participará o vindeiro 22 de marzo, nas Marchas da Dignidade que confluirán en Madrid.

Apoiamos ademáis, a convocatoria á manifestación do sindicalismo alternativo e dos movementos sociais, que terá lugar o mércores 26 de febreiro en Vigo.

Levamos máis de ano e medio na rúa, todos os venres saimos en manifestación, e se o fixemos foi porque sabemos, que so coa actitude de movilización permanente poderemos cambiar o curso desta nefasta historia que nos tocou vivir: a gran estafa do capital.

Hoxe mesmo, vernes 14 de febreiro, sairemos ás rúas de Cangas, chova ou vente, Baixo o lema: “o 26 iremos a Vigo e o 22 iremos a Madrid”.

Cangas, 14 de febreiro de 2014

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario