martes, 25 de febreiro de 2014

Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín amosa o seu apoio ás Marchas da Dignidade

O Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns quere amosar o seu apoio á iniciativa das Marchas da Dignidade que rematarán cunha gran manifestación en Madrid o vindeiro 22 de marzo.
As Marchas da Dignidade son unha iniciativa de distintos sindicatos, organización sociais e políticas que pretende facer confluír en Madrid o 22 de marzo a columnas de traballadoras e traballadores e que partirán de diferentes cidades do estado español. O motivo das marchas resúmense en tres consignas “Non ao pago da débeda”, “traballo digno (ou renda básica)” e “casa e servizos públicos para tod@s”.
O MVPBC naceu pola necesidade de lle dar resposta aos ataques contra os bens públicos e dereitos sociais, laborais e liberdades públicas que, coa escusa da crise, se están a ver acelerados. Estes ataques en forma de privatizacións, recortes orzamentarios e modificacións de leis están deixar desamparadas e sen acceso a servizos públicos, como a sanidade, a cada vez máis persoas.
Cremos que a concienciación e a mobilización da clase traballadora son o único camiño para derrubar este sistema que nos condena a ser as e os escravos do século XXI. Por iso, desde o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns apoiamos as Marchas da Dignidade e calquera outra iniciativa que teñan como obxectivo dar unha resposta capaz de facer virar esta situación.
Como un primeiro paso para espallar e dar a coñecer as Marchas da Dignidade, a Plataforma Galega de Apoio ás Marchas ten convocada unha manifestación en todas as cidades galegas para este mércores, 26 de febreiro, ás 20h. O MVPBC chama a veciñanza de Marín e Pontevedra a participar na manifestación de Pontevedra que sairá da Praza da Peregrina.
Así mesmo, chamamos as veciñas e veciños de Marín a participar na manifestación convocada pola Alianza Social Galega en Pontevedra o xoves 27 de febreiro para protestar contra as políticas económicas e sociais do Goberno. Lamentamos unha vez máis que a pesar da grave situación que está a pasar a clase traballadora o sindicalismo non pactista e alternativo marchen por separado e non fagan un frente común que sirva para mudar a realidade que nos toca vivir ás e aos traballadores.
http://movementobenscomuns.wordpress.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario