xoves, 27 de febreiro de 2014

Manifestación en Pontevedra e nova asemblea aberta

Este 26 de febreiro en Pontevedra un centenar de persoas percorreron as rúas da cidade en apoio ás Marchas da Dignidade. Con berros como "queremos traballar e non mendigar", "na mobilización está a solución" entre outros para protestar contra as políticas antiobreiras e regresivas no social do goberno español e a troika.
A manifestación de onte serviu para dar a coñecer na rúa a iniciativa das Marchas da Dignidade para enchermos Madrid  o 22 de marzo, así como os obxectivos que se pretenden e que foron descritos ao final da manifestación coa lectura do manifesto.

Para seguir artellando e organizando as actividades para dar a coñecer esta iniciativa este xoves, 27 de febreiro, a partir das 20:30h haberá, no salón de actos do edificio de sindicatos, unha nova asemblea aberta a todas aquelas persoas e colectivos interesados.
Lembramos tamén que se poden reservar os bonos da viaxe cara a Madrid no local da CGT en Pontevedra de 19 a 21h de luns a venres.
Máis fotos da manifestación en Pontevedra aquí.
A nova da manifestación no Faro de Vigo Diario de Pontevedra

Ningún comentario:

Publicar un comentario